Ribadeo acolle este xoves, 4 de setembro, un concerto coral solidario para a loita contra o cancro

O Teatro de Ribadeo acollerá este xoves, día 4 de setembro, ás 20:30 horas, un concerto coral solidario para a loita contra o cancro.

O Concello ribadense anuncia que “a Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá o concerto: Cancións de hoxe e de sempre, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. O xoves 4 de setembro ás 20:30 horas no Teatro de Ribadeo. O prezo da entrada solidaria é de 5 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día de 12:00 a 13:30 e dende as 19:00 horas. Todo o recadado irá destinado á Asociación Española contra o Cancro”.