
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o día 25 de xullo, sábado, unha ruta pola parroquia focega de Vilaronte. A saída será ás 09:00 horas desde a capela do Carme, en San Martiño.
O prazo para anotarse remata o 24 de xullo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é fácil, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.


