Foz

09/04/2025

A Banda de Música de Foz e a Coral Polifónica de Foz ofrecerán un concerto sacro na Basílica de San Martiño de Mondoñedo, parroquia do municipio focego. Será este sábado, día 12 de abril, ás 19:30 horas.

A entrada para este evento musical é de balde.

Etiquetas:
09/04/2025

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, representará a obra titulada Trepa, Tripa e Tropa este sábado, día 12 de abril, ás 20:00 horas no local da antiga báscula de Marzán (Foz).

A asociación de veciños O Torques, de Marzán, e a Delegación de Cultura do Concello de Foz organizan esta velada de teatro, na que O Centiño, de San Martiño, ofrecerá a súa última obra, Trepa, Tripa e Tropa, “unha crítica sobre as malas formas de vivir e unha louvanza sobre as virtudes que fan mellor a vida. Será polas 8 da tarde no local social da antiga báscula de Marzán. Unha boa ocasión para desfrutar do teatro e pasar un rato divertido. Apuntádevos!”, anuncia o grupo teatral O Centiño.

 

08/04/2025

O Concello de Foz vén de publicar as bases para inscribirse no IV Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo O Poto. As inscricións poderán facerse a través da sede electrónica municipal, onde existe un trámite específico para a mesma. As bases poderán consultarse no departamento de Cultura ou no taboleiro de anuncios da sede electrónica. O prazo para anotarse remata o día 5 de maio.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que o certame de teatro afeccionado “é unha cita xa consolidada en Foz, onde se xuntan actrices e actores afeccionados e un público amante do teatro. As datas do certame son no vindeiro mes de xuño: os días 6,7 e 8 e 13, 14 e 15, na Casa da Cultura”.

Inés López engade: “agardamos que coma nos últimos anos as compañías se animen a participar e facernos desfrutar ao...

leer más
07/04/2025

Este xoves, día 10 de abril, ás 20:30 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a presentación do libro Pájaro Raíz, da escritora, narradora e psicóloga Lidia Luna.

En palabras da autora, Pájaro raíz “es un manojo de textos que nacen de la tierra para transformarse en agua; pájaro que alza el vuelo. Un regreso a la raíz del árbol genealógico y a la sabiduría profunda de la tierra; un rescate de historias ocultas, silenciadas, desde la composta de los huesos hasta la luz del día. Escritura que deviene oralidad, relatos y poemas; palabra escrita, voz que se ofrenda”.

Librería Bahía explica que “Pájaro raíz é un libro artesán, cosido a man, con debuxos orixinais en cada libro e que contén ademais un audio con lecturas e recitados da autora. Lidia Luna é escritora, narradora oral e psicóloga....

leer más
Etiquetas:
03/04/2025

Os meses de abril e maio están en Foz centrados nos libros. A biblioteca municipal Salgado Toimil acolle múltiples actividades para festexar os días do libro infantil, do libro e tamén das letras galegas.

As actividades comezaron este mércores, día 2 de abril, cun obradoiro de monicreques na biblioteca e seguen o venres 4 no salón de actos da Casa da Cultura ás 18.30 horas co contacontos Contos para caghar patatillas, de Brais das Hortas, para público familiar.

“Comezamos cuns meses cargados de actividades previas ao verán, que en Foz é único. Agradecemos a colaboración das asociacións locais en moitos dos actos. A cultura dun pobo é moito máis rica grazas tamén á implicación dos veciños”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

A Sala Bahía este mes de abril contará...

leer más
02/04/2025

Este venres, día 4 de abril, Brais das Hortas presenta en Foz o seu espectáculo para público infantil e familiar titulado Contos para caghar patatillas. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura, con entrada de balde.

“A Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, a verdadeira canción de como morreu tranquilo, un ataque de salouco, unha base creada ao vivo cunha loop station, sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca, instrumentos de refugallo creados en directo...e moito máis. Un espectáculo para morrer de medo....ou de risa!”, anuncia o Concello de Foz.

 

 

Etiquetas:
01/04/2025

Este mércores, día 2 de abril, haberá un obradoiro de monicreques de papel e arte natural na biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz. É unha actividade para rapazada entre 7 e 10 anos e desenvolverase de 18:30 a 20:00 horas.

O aforo é limitado e para participar hai que anotarse na propia biblioteca, a través do teléfono 982.140.675 ou do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.

 

31/03/2025

Pastelería Anduriña, de Foz, organiza a 9ª Festa da Empanada deste martes, día 1, ata  o 6 de abril, domingo. Durante estes días haberá descontos, degustacións e terá lugar o sorteo de 2 vales de 100 euros cada un para consumir neste establecemento.

Moncho Castro, o propietario do establecemento, explica que “durante eses días os amantes da empanada poderán degustar máis de 40 tipos diferentes. Teremos, coma sempre, empanadas do mar, da terra, veganas, vexetarianas e doces. As novidades desta edición son a empanada de porco celta con castañas e a de orella”.

Na ampla oferta de empanadas de Pastelería Anduriña podemos atopalas salgadas de zamburiñas, de berberechos, de polbo con gambas, de pescada con gambas, de sardiñas, de carne de tenreira e cabrales, de zorza, de polo con patacas fritas, de espinacas con...

leer más
Etiquetas:
30/03/2025

A mañá do domingo 6 de abril terá lugar unha nova andaina organizada por Guía tu Día.

Consistirá nun paseo guiado de 10km (dificultade baixa) bordeando a ría de Foz, pasando por lugares interesantes como a lagoa dos Patos, varios miradoiros con vistas á ría e a Foz, as fantásticas praias de Barreiros e o seu paseo marítimo. Falarase tamén de fauna e flora.

Durante o camiño farase unha parada para xantar de picnic. E a volta será tren. As mascotas tamén poden participar, unicamente deberán traer bozal para poder montar no tren.

Esta visita guiada ten un custo de 10€  persoa. Para máis información e reservas poden chamar á guía Ana no 654 99 68 57.

Etiquetas:
25/03/2025

A Aula Universitaria da UNED en Foz dá a coñecer a súa programación de actividades para o mes de abril, que inclúe catro cursos de extensión universitaria e dous eventos culturais abertos á comunidade. A oferta formativa busca responder ás necesidades sociais e educativas da contorna, con temáticas que van dende os primeiros auxilios ata a literatura e a sustentabilidade.

A coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Foz, Marta Muiña, explica que “os cursos de extensión universitaria están deseñados para ofrecer formación especializada e aplicada en áreas de gran demanda. O noso obxectivo é achegar o coñecemento á cidadanía e proporcionar ferramentas útiles tanto para o ámbito profesional como para o desenvolvemento persoal”.

O primeiro curso que se impartirá será Primeiros auxilios e coñecemento do DEA en...

leer más