Foz
Este xoves, día 10 de abril, ás 20:30 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a presentación do libro Pájaro Raíz, da escritora, narradora e psicóloga Lidia Luna.
En palabras da autora, Pájaro raíz “es un manojo de textos que nacen de la tierra para transformarse en agua; pájaro que alza el vuelo. Un regreso a la raíz del árbol genealógico y a la sabiduría profunda de la tierra; un rescate de historias ocultas, silenciadas, desde la composta de los huesos hasta la luz del día. Escritura que deviene oralidad, relatos y poemas; palabra escrita, voz que se ofrenda”.
Librería Bahía explica que “Pájaro raíz é un libro artesán, cosido a man, con debuxos orixinais en cada libro e que contén ademais un audio con lecturas e recitados da autora. Lidia Luna é escritora, narradora oral e psicóloga....
leer másOs meses de abril e maio están en Foz centrados nos libros. A biblioteca municipal Salgado Toimil acolle múltiples actividades para festexar os días do libro infantil, do libro e tamén das letras galegas.
As actividades comezaron este mércores, día 2 de abril, cun obradoiro de monicreques na biblioteca e seguen o venres 4 no salón de actos da Casa da Cultura ás 18.30 horas co contacontos Contos para caghar patatillas, de Brais das Hortas, para público familiar.
“Comezamos cuns meses cargados de actividades previas ao verán, que en Foz é único. Agradecemos a colaboración das asociacións locais en moitos dos actos. A cultura dun pobo é moito máis rica grazas tamén á implicación dos veciños”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
A Sala Bahía este mes de abril contará...
leer másEste venres, día 4 de abril, Brais das Hortas presenta en Foz o seu espectáculo para público infantil e familiar titulado Contos para caghar patatillas. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura, con entrada de balde.
“A Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, a verdadeira canción de como morreu tranquilo, un ataque de salouco, unha base creada ao vivo cunha loop station, sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca, instrumentos de refugallo creados en directo...e moito máis. Un espectáculo para morrer de medo....ou de risa!”, anuncia o Concello de Foz.
Este mércores, día 2 de abril, haberá un obradoiro de monicreques de papel e arte natural na biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz. É unha actividade para rapazada entre 7 e 10 anos e desenvolverase de 18:30 a 20:00 horas.
O aforo é limitado e para participar hai que anotarse na propia biblioteca, a través do teléfono 982.140.675 ou do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
Pastelería Anduriña, de Foz, organiza a 9ª Festa da Empanada deste martes, día 1, ata o 6 de abril, domingo. Durante estes días haberá descontos, degustacións e terá lugar o sorteo de 2 vales de 100 euros cada un para consumir neste establecemento.
Moncho Castro, o propietario do establecemento, explica que “durante eses días os amantes da empanada poderán degustar máis de 40 tipos diferentes. Teremos, coma sempre, empanadas do mar, da terra, veganas, vexetarianas e doces. As novidades desta edición son a empanada de porco celta con castañas e a de orella”.
Na ampla oferta de empanadas de Pastelería Anduriña podemos atopalas salgadas de zamburiñas, de berberechos, de polbo con gambas, de pescada con gambas, de sardiñas, de carne de tenreira e cabrales, de zorza, de polo con patacas fritas, de espinacas con...
leer másA mañá do domingo 6 de abril terá lugar unha nova andaina organizada por Guía tu Día.
Consistirá nun paseo guiado de 10km (dificultade baixa) bordeando a ría de Foz, pasando por lugares interesantes como a lagoa dos Patos, varios miradoiros con vistas á ría e a Foz, as fantásticas praias de Barreiros e o seu paseo marítimo. Falarase tamén de fauna e flora.
Durante o camiño farase unha parada para xantar de picnic. E a volta será tren. As mascotas tamén poden participar, unicamente deberán traer bozal para poder montar no tren.
Esta visita guiada ten un custo de 10€ persoa. Para máis información e reservas poden chamar á guía Ana no 654 99 68 57.
A Aula Universitaria da UNED en Foz dá a coñecer a súa programación de actividades para o mes de abril, que inclúe catro cursos de extensión universitaria e dous eventos culturais abertos á comunidade. A oferta formativa busca responder ás necesidades sociais e educativas da contorna, con temáticas que van dende os primeiros auxilios ata a literatura e a sustentabilidade.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Foz, Marta Muiña, explica que “os cursos de extensión universitaria están deseñados para ofrecer formación especializada e aplicada en áreas de gran demanda. O noso obxectivo é achegar o coñecemento á cidadanía e proporcionar ferramentas útiles tanto para o ámbito profesional como para o desenvolvemento persoal”.
O primeiro curso que se impartirá será Primeiros auxilios e coñecemento do DEA en...
leer másHoxe tivo lugar o sorteo da campaña do Día do Pai de Acia Foz-CCA, que repartiu 500 euros en vales de compra.
Os números premiados foron os seguintes: 12.128, que foi entregado en Viajes Rodríguez; 13.610 en Mi Casa; 14.390 entregado en Librería Bahía; 17.128 en Pescadería Coyote; e 25.895 entregado en Pastelería Anduriña. Cada unha das cinco persoas afortunadas recibirá un vale de compra de Acia Foz-CCA por importe de 100 euros. Agora xa poden dirixirse á asociación para reclamar os seus premios.
O sorteo, que tivo lugar esta mañá en Radio Foz, contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e coa xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.
Acia Foz-CCA agradece “a fidelidade da clientela dos negocios de Foz, aos que acudiron para mercar os...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco, en colaboración con Mariña Patrimonio e a editora Tempo Galiza, organiza para o xoves 27 de marzo ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, a presentación do libro titulado A fraga dos teixos, escrito por Xosé Salvadores Cobas.
A publicación é un caderno de campo sobre a flora e a fauna da comarca da Mariña, en base aos traballos de recuperación como bosque de teixos dunha hectárea de monte no Padornelo, na parroquia de Lindín, en Mondoñedo.
A presentación do libro correrá cargo do presidente de Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, e do autor da publicación.
O deputado provincial de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, inaugurou este xoves no CENIMA de Foz as exposicións Proximidade Llunyana e 113+, dous proxectos artísticos da Rede Museística Provincial que exploran a diversidade, a memoria migratoria e a
convivencia, visibilizando historias que conectan o pasado co presente. As exposicións permanecerán en Foz ata finais de abril.
No acto participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a
concelleira de Cultura, Inés López Couto, e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago.
Daniel García subliñou “a traxectoria dos museos provinciais no traballo da interculturalidade con diferentes proxectos ao longo dos anos” e valorou “a oportunidade que as exposicións ofrecen para achegarse a migración desde unha perspectiva humana e comprometida coa defensa dos...
leer más