Foz

Etiquetas:
08/08/2025

O Foz Club de Tenis, en colaboración co Concello de Foz, organiza o XXVII Torneo de Tenis Vila de Foz, que se celebrará nas pistas de Marzán entre o 15 e o 24 de agosto. A competición inclúe categorías individual e dobres absoluto, mixto e xoves promesas. A inscrición está aberta nos teléfonos 619.60.44.95 e 609.91.91.13 ata o luns 11 de agosto.

Na presentación participaron directivos e membros  do Foz Club de Tenis; o alcalde, Fran Cajoto; e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández.

Etiquetas:
06/08/2025

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 14 de agosto, ás 20:30 hora no salón de actos do Cenima de Foz a presentación do libro de Martín Fernández Vizoso, Memoria de Mariñáns, que recolle 75 traballos sobre a emigración da Mariña ao continente americano.
 
O xornalista e estudoso Martín Fernández Vizoso “achegará na súa intervención 13 investigacións sobre emigrantes focegos en Arxentina, Cuba ou Filipinas. As mesmas permiten reconstruír unha parte descoñecida da diáspora focega”, explican desde A Pomba do Arco. 
 
Fernández Vizoso, xornalista e investigador, é veciño de Cangas e autor dunha amplía bibliografía sobre a historia da comarca da Mariña, á que xa ten dedicada catro volumes e centos de artigos en diversas publicacións.

 

Etiquetas:
04/08/2025

O  16 de agosto celebrarase a tradicional Marcha Nocturna organizada pola asociación Os Sendeiros de Foz. Trátase xa da 14ª edición desta actividade, que percorrerá o habitual traxecto de aproximadamente 5 quilómetros, cun nivel de dificultade baixo.

A saída será ás 22 horas desde a praza do Concello de Foz, e recomendase levar unha lanterna ou farol para maior visibilidade.

Ao rematar a ruta, os participantes poderán desfrutar dun merecido descanso con chocolate quente, biscoito e mini croissants no chiringuito da praia de Llas, O Arrecife, grazas á colaboración de Xoyma.

A inscrición ten un custo de 5 euros para os non federados con seguro de accidentes e é obrigatorio inscribirse antes do martes 12 de agosto. Pódese facer a través dos teléfonos: 606 718 482 (Laura) e 670 369 017 (Morís...

leer más
Etiquetas:
01/08/2025

O Día da Bici chega este sábado, día 2 de agosto, da man do Club de Atletismo Ría de Foz e a Run Foz Run, coa colaboración do Club Ciclista Foz e a coorganización do Concello de Foz.

A organización anuncia que o Día da Bici de Foz “é un paseo en bicicleta para persoas de todas as idades, con saída ás 19:00 horas desde o Paseo da Ribeira ata a praia de Peizás, onde se dará a volta para volver ao punto inicial. Ao finalizar haberá un pequeno avituallamiento e sorteo de agasallos entre as persoas participantes. A inscrición poderá realizarse o mesmo sábado desde 17:00 horas no punto de saída, diante do Cenima”.

Presentaron este evento Manuel Eiras Rodríguez, da Run Foz Run; Jesús Amor Prieto, xefe da Policía Local, e Ángel Fernández Neira, concelleiro de Xuventude e Deportes.

Etiquetas:
01/08/2025

A parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará as festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, o sábado 2 e o domingo 3 de agosto.

As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e despois procesión arredor da igrexa acompañada por un grupo de gaitas. A continuación, sesión vermú co grupo Montreal. Ás 20:00 horas haberá churrascada e ás 22:30 empezará a verbena amenizada polo grupo Montreal. E desde as 00:00 horas haberá Noite meiga con queimada e sorteo.

E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro e procesión ata o porto. Tamén haberá sesión vermú co grupo Lecer.

 

Etiquetas:
31/07/2025

Este xoves, día 31 de xullo, tivo lugar a presentación da XIII edición da Festa Normanda de Foz, que se celebrará os días 28, 29, 30 e 31 de agosto.  A esta presentación acudiron representantes do Concello de Foz, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

A organización da festa anuncia: “contamos este ano co coñecido muralista Diego As, que é o artífice do deseño do cartel, un cartel sorprendente e cunha forte carga emocional. Tamén adiantamos moitas novidades nesta edición, como a representación no Bispo Santo, que se fará de forma profesional, guionizada e dirixida pola xa coñecida Marta Pérez, coñecida pola súa obra Agnódice, representación que leva a cabo na romaría Viquinga de Catoira. E desde esta presentación convidamos a todos e todas a que nos acompañen e gocen un ano máis con todos nós de representacións teatrais,...

leer más
Etiquetas:
31/07/2025

O Concello de Foz presenta o cartel das festas do San Lourenzo e un mes de agosto repleto de actividades.

“Chega agosto e con el continúan as actividades en Foz. O verán é para vivilo e en Foz temos actividades para todos os gustos, para que todo o mundo poda disfrutar da natureza, do mar, da nosa gastronomía, cultura e deporte”, explica o alcalde, Fran Cajoto.

“Este mes de agosto está cargado de actividade, dende as festas do Carme de Nois ou a festa hawaiana ata a Festa Normanda, e como punto focal as festas do San Lourenzo”, indica Inés López Couto, concelleira de Cultura. “Foz é un pobo onde sempre hai unha actividade para pasar o tempo. O teatro continúa acompañándonos todos os martes no Campo da Cabana, o Festival Bal y Gay e a Feira do libro protagonizan a metade do mes e non podemos olvidarnos de...

leer más
Etiquetas:
27/07/2025

Los días 2 y 3 de agosto, sábado y domingo, se celebra en Foz la XVI edición de la Run Foz Run, “una cita marcada en el calendario para los corredores, que este año, como novedad, incorpora el Día de la Bicicleta, además de la andaina solidaria y las carreras populares para todas las categorías”.

La XVI Carrera Popular Run Foz Run tendrá lugar el domingo 3 de agosto. A partir de las 10:00 de la mañana, sobre un circuito de 200 metros para Pícaros, 800 metros Benjamines, 1.000 metros Alevines, 1.600 metros Infantiles y Cadetes, 7.000 metros para la competición Absoluta y 9.000m para la andaina. Con salida y meta en Paseo da Ribeira, frente al CENIMA de Foz. Además el sábado 2 de Agosto se celebrará la andaina solidaria a las 20:30 horas y el Día de la Bicicleta, con recorrido de 12 kilómetros con salida a las 20:15 horas.

... leer más
Etiquetas:
25/07/2025

Cultural Leonesa (Segunda División) e CD Lugo (1ª RFEF) serán os equipos que disputen a XXXVI edición do trofeo Vila de Foz o día 9 de agosto, sábado, ás 12:00 horas no Estadio Martínez Otero.

Desde a renovada directiva do CD Foz agradecen “de antemano la participación y predisposición de ambos equipos en el prestigioso trofeo veraniego en la localidad de Foz en plenas fiestas de San Lorenzo, además de agradecer todas las facilidades que nos ofrece el Concello. Tenemos que mostrar nuestra alegría e ilusión por conseguir cerrar un duelo apasionante entre dos equipos de renombre que deleitarán al público existente en un engalanado Martínez Otero recién pintado, esperando recibir a los contendientes en una alfombra después de la inversión acometida en el mantenimiento del césped, esperemos acorde a la categoría de los equipos. Un trofeo...

leer más
Etiquetas:
23/07/2025

Hoxe deu comezo unha nova edición do Comercio na Rúa, que Acia Foz-CCA. A cita seguirá mañá e tamén o sábado, 26 de xullo. 

Durante estas xornadas Fóra Stocks preto de corenta establecementos comerciais sacan os seus artigos á rúa e ofrecen descontos especiais. 

Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan 36 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s...

leer más