Foz
A asociación socio cultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza a vixésimo oitava edición das Xornadas de Historia Local, que se desenvolverán do 28 ao 31 de xullo con catro charlas. Todas elas serán na Casa da Cultura focega ás 20:30 horas.
O luns 28 Ugia Pedreira ofrecerá a charla titulada Achegamento á musica de tradición oral na Mariña; o martes 29 Vidal Martínez-Sierra falará de Os maragatos na Mariña; o mércores 30 haberá unha intervención de Antonio Reigosa sobre A literatura de tradición oral na Mariña; e o xoves 31 Manuel Miranda ofrecerá a conferencia titulada O patrimonio arqueolóxico de Foz.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza, a Andaina Contra o Cancro este domingo, día 13 de xullo, na vila focega. A saída será as 10:00 horas desde diante da Casa do Concello.
“El próximo, domingo 13 de julio, tendremos un año más la Andaina Contra o Cancro; al terminar la ruta en el puerto habrá una mesa de la AECC para recaudar fondos. Participa, colabora se solidario”, anuncia Os Sendeiros.
O prazo para inscribirse está aberto ata este venres, 11 de xullo.
O Concello de Foz presentou a programación das festas do Carme, que se celebrarán na vila focega do 11 ao 17 de xullo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “achéganse as datas máis emotivas no calendario do verán de Foz, as festas do Carme. A devoción á Virxe do Carme é un sentimento máis que palpable no pobo de Foz, que vivirá nos vindeiros días un non parar de actividades. A foto do cartaz da festa deste ano pertence ao arquivo do Concello e é do fondo de Antonio Ares”.
O venres 11 de xullo ás 21.00 horas na Praza do Concello segue o programa Sons na Rúa coa actuación da Coral Polifónica de Foz. O sábado 12 a partir das 19.00 horas no Paseo da Ribeira a Peña Ñasss e As Farangullas organizan a tradicional sardiñada. O domingo 13 é a quenda do festival Coa Nosa Fala, que emprazado no Campo da...
leer másO Concello de Foz anuncia que o verán no municipio “concentra actividades de todo tipo e este ano as noites tamén terán contido para que rapaces e rapazas teñan alternativas para desfrutar. Estas actividades do programa Noites Alternativas desenvólvense a partir das dez da noite para mozos de 10 anos en diante”.
As Noites comezarán a vindeira semana, co fútbol sala 3x3 no Campo da Cabana, os días 7, 9 e 10 de xullo. O 28 e 29 será a quenda do lasertag. O wipeout será o 4, 6 e 7 de agosto. As seguintes actividades trasladaranse á praia da Rapadoira: os días 11, 12 e 13 de agosto haberá volei praia e o 18, 20 e 21 de agosto, fútbol praia; para rematar o 25, 27 e 28 co baloncesto 3x3 de novo no polideportivo do Campo da Cabana.
“Son deportes moi demandados e este ano incluímos como novidade o lasertag, un xogo moi...
leer másO departamento de Cultura do Concello de Foz está organizando un verán cheo de actividades. Este mércores inaugurouse a primeira exposición do verán nas salas do CENIMA: unha colección de obras pictóricas e escultóricas de Vicente Barreira e Esperanza Fontecha, que estará aberta de martes a sábado en horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas e domingos e festivos de 11.00 a 13.30 horas ata o 27 de xullo. “As exposicións Paisaxes e Obra Última, de Vicente Barreira e Esperanza Fontecha, son de visita obrigada para quen lle guste a arte”, destaca a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
A edil de Cultura anuncia tamén que “o ciclo Sons na Rúa cumpre dezaoito edicións enchendo de música local Foz todos os venres do verán en diferentes prazas do concello. Este venres comeza da man da Rondalla Latexos, a partir das...
leer másO xoves 10 de xullo ás oito e media da tarde celebrarase na librería Bahía, de Foz, unha nova edición do programa Afinidades Electivas, promovido polo Ministerio de Cultura. Nesta ocasión participarán a poeta galega Yolanda Castaño e o poeta asturiano Miguel R. Monteavaro “para conversar sobre as súas respectivas obras, a creación poética, a relación das distintas linguas que compartimos na península ibérica e o lugar dos creadores na sociedade”, anuncia Librería Bahía.
Tamén explican que “Yolanda Castaño é unha poeta cunha longa e moi recoñecida traxectoria. Entre outros galardóns, foi Premio Nacional de Poesía 2023 polo seu poemario Materia. A falsa autónoma, de 2024, é a súa última publicación. É, ademais, unha autora interesada na relación da poesía coas demais artes, e nese sentido, participou en varios proxectos...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará este sábado, día 5 de xullo unha ruta por igrexas do municipio focego. A saída será ás 09:00 horas desde diante da Casa do Concello.
O prazo para anotarse remata este venres, 4 de xullo, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A asociación cultural Virxe do Pilar, da Espiñeira (Foz), organiza a terceira edición da súa Torresmada Popular este sábado, 5 de xullo.
O evento comezará ás 20:30 horas no Campo da Feira da Espiñeira, onde haberá degustación de torresmos de porco celta, panceta, chourizos, patacas fritidas, pan, viño ou auga. O prezo en venda anticipada (ata o 2 de xullo as 00:00 horas) é de 10 euros e despois dese día custará 12 euros.
A festa estará amenizada por AFC A Subela, de Roz, a Charanga Os Sureños e Eventec Disco Móvil.
A primeira edición do Open Nacional de Petanca Villa de Foz celebrarase o día 26 de xullo, sábado, nas pistas situadas na rúa Uxío Novoneyra, onde foi presentado o evento hoxe, venres. No acto participaron o alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández, xunto a directivos e outros socios do Club de Petanca Foz.
O presidente do club, Jesús Mercader Hermida, explica que “esta nueva directiva, que lleva actualmente tres meses en el cargo, quiere fomentar el deporte de la petanca en Foz y por ello pide a la gente de la localidad que asista a disfrutar de este torneo y a pasar un día conociendo in situ el deporte de la petanca. A este open asistirán jugadores de renombre de distintas comunidades autónomas. La directiva quiere dar las gracias a todos los colaboradores y patrocinadores que hacen posible la celebración de...
leer másO Concello de Foz conmemora o Día do Orgullo LGTBI coa colocación de bandeiras arco iris nos edificios municipais e unha exposición de libros na biblioteca pública.
A concelleira de Muller e Igualdade, Ana Rojo, anuncia que “un ano máis, o Concello de Foz conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI pendendo das fachadas de todos os seus edificios institucionais as bandeiras arco iris, identitarias das cores que representan o Día do Orgullo LGTBI, que se celebra o próximo 28 de xuño en conmemoración polos disturbios de Stonewall, no ano 1969 en Nueva York, onde se iniciou o camiño cara a liberación deste colectivo que reivindicaba e loitaba pola defensa dos seus dereitos que gran parte da sociedade lles negaba, á vez que se lles prohibía mostrarse tal como se sentían. Moitas destas persoas entregaron as súas vidas na defensa deses...
leer más