Foz

Etiquetas:
23/07/2025

O Concello de Foz continúa coa súa axenda de actividades culturais e deportivas. “Estes días no Campo da Cabana os deslizadores acuáticos son os protagonistas, que se poden desfrutar en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 ata o vindeiro xoves”, explica o alcalde, Fran Cajoto, que tamén anuncia que “unha novidade deste verán en Foz será o seu campamento nocturno, que se levará a cabo os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto. A actividade está orientada para rapazas e rapaces entre 12 e 16 anos”.

O campamento comezará o mércores 30 de xullo ás 17.00 horas e rematará o venres 1 de agosto ás 19.00. Instalarase na Obra Pía de Fazouro, a onde deberán dirixirse os participantes o primeiro día e ser recollidos ao finalizar a actividade. Durante os días do campamento serán moitas as iniciativas que se realizarán, coma actividades...

leer más
Etiquetas:
21/07/2025

Acia Foz-CCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 23, 24 e 26 de xullo. 

Durante esas xornadas Fóra Stocks preto de corenta establecementos comerciais sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. 

Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 36 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet e...

leer más
Etiquetas:
20/07/2025

Foz acollerá o día 24 de xullo, xoves, unha xornada gastronómica dedicada ao ovo organizada pola Festa Normanda. Será a partir das 20:00 horas na Praza Conde de Fontao e na explanada do porto focego.

Haberá ovos fritos, chourizo, patacas, pan e viño ou auga, todo por 10 euros. E tamén ración de empanada de bonito por 4 euros.

As 21:00 horas actuará a agrupación O Feitizo, de Foz, e desde as doce da noite haberá musica a cargo do DJ da Casa.

16/07/2025

A asociación folclórica e cultural A Subela, de Foz, organiza o XXIV Festival Aires do Masma na vila focega este sábado, día 19 de xullo. Será ás 21:00 horas na Praza Conde de Fontao. Ademais do colectivo anfitrión actuará o grupo Axeigo, formación lucense de música tradicional galega.

“O cartel deste ano é moi especial xa que na imaxe empregada podemos ver ás bailadoras da Subela. A imaxe é un cadro pintado por Mariangel Leal a partir dunha foto tomada polo seu irmán, José Ramón Leal. Queremos darlles as grazas por deixarnos empregar esta fermosa imaxe que tanto nos gusta”, explica A Subela.

Etiquetas:
16/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará este sábado, día 19 de xullo, a ruta Fazouro-Trasmonte. A saída desde a área recreativa Ponte de Ferro ás 09:00 horas.

O prazo para anotarse remata o venres 18 e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, con dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

14/07/2025

A parroquia de San Martiño, no concello de Foz, celebrará as festas do Carme desde este venres, 18 de xullo, ata o domingo 20.

As actividades comezarán o venres as 20:30 horas cunha actuación de Batucada Kombarullo; ás 21:00 horas haberá pancetada e ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o grupo Fénix e a orquestra New York.

O sábado celebrarase misa ás 13:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, co grupo JB SON, que tamén amenizará  a verbena xunto ao Grupo Beatriz.

E o domingo celebrarase misa ás 13:30 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Toxo Guayaba.

10/07/2025

Os colectivos do Entroido focego Peña Ñasss e Farangullas organizan unha sardiñada en Foz este sábado, día 12 de xullo. Será no Paseo da Ribeira, ao lado de Portochico, desde as 19:00 horas.

Haberá sardiñas, cachelos e bolos preñados. E o bar estará a cargo da comparsa As Farangullas.

09/07/2025

A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebra as festas na honra á Virxe do Carme desde o venres 11 ata o domingo 13 de xullo

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas  con churrascada e chourizada amenizada pola orquestra Los Satélites e Disco Móvil Conxuro.

O sábado ás 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena co grupo Claxxon.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne; e despois, procesión e sesión vermú no campo da festa a cargo do dúo Belinda, que tamén amenizará a sesión de tarde, a partir 19:00 horas. Haberá ademais inchables gratis para os nenos e nenas

A organización destaca que o recinto da festa estará cuberto con carpa e disporá de amplos aparcamentos.

Etiquetas:
09/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 20 de xullo, domingo, un descenso en piragua polo río Sella desde Arriondas (Asturias). A saída desde a vila focega será ás 07:30 horas.

Os prezos desta actividade son 90 euros para os socios e 95 euros para as persoas que non o son.

O prazo para anotarse remata este venres, 11 de xullo, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta actividade a organización recomenda levar roupa e calzado adecuado para meterse no río.

Etiquetas:
08/07/2025

A asociación socio cultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza a vixésimo oitava edición das Xornadas de Historia Local, que se desenvolverán do 28 ao 31 de xullo con catro charlas. Todas elas serán na Casa da Cultura focega ás 20:30 horas.

O luns 28 Ugia Pedreira ofrecerá a charla titulada Achegamento á musica de tradición oral na Mariña; o martes 29 Vidal Martínez-Sierra falará de Os maragatos na Mariña; o mércores 30 haberá unha intervención de Antonio Reigosa sobre A literatura de tradición oral na Mariña; e o xoves 31 Manuel Miranda ofrecerá a conferencia titulada O patrimonio arqueolóxico de Foz.