Foz
A Biblioteca Municipal de Foz convoca o seu XIV Certame de Poemas de Amor, o máis antigo da comarca. No concurso poderán participar tódalas persoas que o desexen en tres modalidades distintas: nen@s de ata 11 anos, moz@s de 12 a 18 e adult@s de 19 en adiante. O tema dos traballos deberá ser o amor e a extensión máxima dos poemas non deberá superar o tamaño dun folio DIN-A4. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o día 24 de febreiro. Os interesados poden entregar xa os seus traballos de forma presencial, na propia Biblioteca Municipal, ou de forma dixital, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
Dende a Biblioteca Pública de Foz explican que só se admitirán os poemas que sexan presentados sen ningunha...
leer más
El alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, invitó a los asturianos a participar en la décimo segunda edición de la fiesta gastronómica dedicada al berberecho, que se celebrará en la villa focense este fin de semana, desde el viernes 23 al domingo 25. Fue durante la presentación del evento celebrada hoy en Navia, acto en el que el regidor municipal estuvo acompañado por el primer teniente de alcalde y concejal de Mar, Pedro Fernández Manín, y por Antonio García Pérez, colaborador de la asociación Sempre Foz que es natural de Navia y reside en Foz desde hace décadas. Javier Castiñeira destacó que "hay una interacción muy importante entre las dos comarcas, el Occidente de Asturias y A Mariña de Lugo. Compartimos muchísimas cosas y son muchos los asturianos que viven en A Mariña y también muchos los mariñanos que...
leer más
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira,invita aos veciños da capital da provincia a participar na décimo segunda edición da Festa do Berberecho, que se celebrará en Foz do 23 ao 25 deste mes e que foi presentada hoxe en Lugo. No acto celebrado na sede central da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, tanto o rexedor municipal focense como o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos(ACIA) de Foz, José Carlos Paleo destacaron a gran vinculación existente entre a capital da provincia e o municipio focense.
Castiñeira explicou que "esta presentación en Lugo fíxose porque hai moita xente desta cidade que ten a súa segunda residencia en Foz, tamén son moitos os focenses que van de compras a Lugo e moitos os lucenses que disfrutan...
leer más
O Concello de Foz ven de anunciar que comezará os seus actos de celebración do Entroido 2015 o sábado 31 de xaneiro. Ese día levarase a cabo a coroación da raíña do Entroido na vila, recoñecemento que este ano recaeu na rapaza focense Sandra Rey Oliveros. O acto de coroación terá lugar nunha cea que se celebrará a partir das 22:00 horas no pavillón do Colexio Martínez Otero, coma ven sendo habitual nos últimos anos. A cea estará composta de pratos típicos do Entroido e terá un custo de 23 euros. Posteriormente levarase a cabo un baile amenizado polo Dúo Epo-K, no que, como novidade este ano, só poderán participar os asistentes á cea. Os interesados poden anotarse antes do 29 de xaneiro na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo,...
leer más
O Concello de Foz abriu o prazo de inscrición para os grupos interesados en participar na terceira edición do Certame de Cantos de Taberna, que se celebrará o día 24 deste mes, sábado, con motivo da XII Festa do Berberecho. Os locais hostaleiros que queiran acoller esta actividade tamén teñen que apuntarse. As inscricións deben facerse na Casa da Cultura focense ou chamando ao teléfono 982.140.675. O prazo rematará o vindeiro luns, día 19.
O concelleiro de Mar, Pedro Fernández Manín, anima aos focenses a formar grupos para participar neste Certame de Cantos de Taberna, como fixeron nas anteriores edicións da Festa do Berberecho, para contribuír á animación do festexo. Este evento gastronómico, que se celebrará do 23 ao 25 deste mes, será pregoado polo xefe do departamento de Cociña...
leer más
Jesús Liste Otero, xefe de cociña da Escola de Hostalería do IES de Foz, será o encargado de pregoar a XII Festa do Berberecho focense. O evento celebrarase os días 23, 24 e 25 deste mes na zona portuaria da vila, como ven sendo habitual nos últimos anos. O anuncio fíxoo o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen adiantou que o evento será presentado na cidade de Lugo. Javier Jorge Castiñeira explicou que "dende o Concello, unha vez finalizados tódolos festexos de Nadal, queremos anunciar que o pregoeiro da XII Festa do Berberecho de Foz vai a ser o xefe do departamento de cociña do IES de Foz, Jesús Liste Otero: profesor, cociñeiro e colaborador tamén durante moitos anos da Festa do Berberecho da nosa vila, un evento no que durante varios anos colaborou a Escola de Hostalería de Foz preparando todos eses pratos...
leer más
O Concello de Barreiros celebrará o vindeiro luns, 5 de xaneiro, a súa tradicional Cabalgata dos Reis. O acto completarase coa instalación dun nacemento vivente que estará aberto ao público a partir das 20:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ata alí achegaranse, a partir das 20:30 horas, as maxestades reais para visitar este nacemento e para deixar os seus agasallos. Dende a Concellería de Cultura e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros, organizadoras da actividade, así coma dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, colaboradora do evento, agradecen a participación dos mozos e voluntarios que fan posible este nacemento e animan a tódolos veciños de Barreiros a acudir a esta tradicional cita.
En xaneiro de 2015 chega una nova edición do Campañazo da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) – Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz, que repartirá 3.000 euros en vales de compra durante os venres 2, 9, 16, 23 e 30 do vindeiro mes. Os sorteos serán retransmitidos en directo por Radio Foz a partir das 23:00 horas. Cada venres haberá un premio de 300 euros en vales de compra para o primeiro que cante o bingo e varios premios que sumarán outros 300 euros entre o resto de cartóns premiados. Os interesados poderán conseguir os seus cartóns comprando e consumindo nos 43 comercios e 24 locais hostaleiros que participan no Campañazo.
Nesta nova edición do Campañazo para o mes de xaneiro participan os comercios: Librería Bahía / Din Don, Cenor Belianorte, Catorce Cero Catro Shop, Carnicería...
leer más