Foz

12/11/2014
O CONCELLO DE FOZ CELEBRA O MES DA MÚSICA PARA CONMEMORAR A FESTIVIDADE DE SANTA CILLA CON TRES CONCERTOS.

A Delegación de Cultura do Concello de Foz celebra o mes da música para conmemorar a festividade de Santa Cilla con tres concertos.

A primeira desas actuacións será este venres, día 14, ás 20 horas na Casa da Cultura e correrá a cargo da Big Band de Foz.  A segunda será o sábado 22 ás 20 horas na Sala Bahía e actuará a Banda de Música de Foz e a terceira terá lugar na Casa da Cultura o venres 28 ás 20 horas a cargo da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo...

leer más
Etiquetas:
10/11/2014
FOZ BUSCA CANDIDATOS PARA ELIXIR A RAÍÑA E O REI DO ENTROIDO 2015.

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o seu tradicional concurso para elixir á raíña e ao rei do vindeiro Entroido 2015. Dende este organismo comunican que poderán participar na elección todos os candidatos que teñan máis de 18 anos e presenten antes do venres 21 de novembro a documentación requirida nas dependencias da Delegación de Cultura, que están na Casa do Concello. Os interesados deberán aportar unha folla acreditativa cos seus datos persoais, dúas ou máis fotografías recentes e un documento no que expliquen brevemente cales son os motivos que os levan a querer ser rei ou raíña destes festexos.

 

...

leer más
31/10/2014

Bases Concurso Postais Nadal 2014 Biblioteca MunicipalO Concello de Foz organiza, a través da súa biblioteca pública municipal, e en colaboración con Radio Foz e a Oficina de Información ao Consumidor, o seu XIII Concurso de Postais de Nadal. No certame, que dende a organización destacan que é o máis antigo da comarca, poderán participar tódolos rapaces que o desexen con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

Os participantes optarán a un primeiro e a un segundo premio en cada unha das tres categorías: infantil ata 6 anos, infantil de 7 a 10 e xuvenil de 11 a 16. Tamén haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o alumno premiado. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 26 de novembro e o fallo do...

leer más