Foz
25/02/2015
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha viaxe a Portugal do 1 ao 3 de maio deste ano 2015 para facer a ruta de Póvoa de Varzim a Esposende.
Sairán da vila focense o día 1 de maio, venres, ás oito da mañá. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 150 euros mentres que os non socios que participen nesta actividade deberán pagar 175 euros.
24/02/2015
A Casa da Cultura de Foz acollerá o vindeiro venres, 27 de febreiro, a presentación do DVD Foz, onte e hoxe, con fotos antigas e actuais do arquivo persoal de Xesús do Breogán.
Na presentación do DVD, que terá lugar a partir das 20:30 horas, participarán José Carlos Paleo, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, e Xesús do Breogán. O acompañamento musical desta reportaxe foi obra de Francisco Javier Alonso Navarro (Chingla).
Do DVD foron editadas 500 copias por Acia/CCA Foz das que 300 se destinan a fins solidarios. A protectora de animais recibirán 100 copias, Cáritas recibirá outras 100 e o Banco de Alimentos Local outras 100 copias, que todos estes colectivos venderán ao prezo de 3 euros. Os...
leer más 24/02/2015
Este xoves, 26 de febreiro, ás oito e media da tarde, preséntase en Librería Bahía, de Foz, o libro “As inxustizas do Casón”.
Participan no acto a autora, Tamara García, o profesor Bernardo Penabade e Manuel Carreira.
A historia do Casón, o buque que percorreu as costas de Galicia coa súa carga tóxica e acabou provocando unha enorme crise na Alúmina-Aluminio e por extensión, en toda a Mariña e que custou o seu posto de traballo aos membros do comité de empresa daquel momento, é percorrida por Tamara García, con abondosas probas documentais e testemuñas de protagonistas da súa historia.
19/02/2015
O Concello de Foz, a través da biblioteca pública municipal, organiza a Programación das Letras para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, e o Día das Letras Galegas, que é o 17 de maio.
O primeiro acto da programación será o denominado Rosalía nas Ondas, en colaboración con Radio Foz, que se desenvolverá o vindeiro martes, día 24 de febreiro, de 17 a 19 horas.
O sábado 7 de marzo ás 20 horas haberá o Festival dos Namorados, no que actuará o dúo do violinista Mijail Moriatov, que estará acompañado por un violonchelista e ofrecerá un concerto con música de F. Schubert, G. Verdi e J. Brahms. No mesmo acto entregaranse os premios aos galardoados no XIV Certame de Poemas de Amor.
... leer más 18/02/2015
As instalacións de Librería Bahía, en Foz, acollerán este venres ás 18:30 horas un espectáculo para os/as máis pequenos/as da casa.
Os músicos Magín Blanco, María Faltri e Jorge Juncal tocarán e cantarán as cancións do seu último traballo Gatuxo.
Segunxo explican desde Librería Bahía “trátase dun libro disco con letras e música de Magín Blanco, no que percorre o nacimento e crecemento dun neno a través de cancións cheas de ritmo, alegría e tenrura”.
11/02/2015
O Centro Comercial Aberto de Foz súmase aos actos de celebración de San Valentín e o Entroido na vila, e xa ten lista para esta fin de semana a súa 4ª Festa Afrodisíaca. Nela participarán tres coñecidas pastelerías locais, ofertando de maneira conxunta un singular chupito afrodisíaco a base de mousse de chocolate, queixo, framboesa e canela. O doce terá un prezo dun euro e poderá adquirirse nas pastelerías Anduriña, Amarena e Xoyma durante os días 13, 14 e 15 de febreiro. Paralelamente, estes mesmos establecementos ofrecerán á posibilidade ao resto de negocios hostaleiros focenses de incluír este chupito nos seus menús especiais de fin de semana.
A campaña Entroido doce, romántico e afrodisíaco, complétase ademais coa venda de sobremesas tradicionais de Entroido por parte...
leer más 05/02/2015
A asociación cultural de Foz, A Pomba do Arco quere convidar a tódolos veciños e veciñas de Foz a participar o día 15 de febreiro, domingo, ás 21 horas, na Casa da Cultura do Concello de Foz a unha nova edición do seu famoso Touporroutou.
Segundo explican desde A Pomba do Arco “o evento estará dirixido e amenizado polo noso compañeiro Tono e os seus amigos, que declamarán, cantarán e recitarán tódalas coplas populares entregadas polos veciños”.
E engaden: “como queremos que este sexa un acto participativo e popular toda aquela persoa que queira escribir unha copla, para que sexa recitada no Touporroutou, tan só ten que escribila e depositala nunhas caixas que para ese fin foron colocadas nos seguintes bares de Foz: Muelle, Funcional...
leer más 05/02/2015
El pasado lunes, 2 de Febrero, se celebró, como cada año, el día mundial de los humedales, una fecha en la que se ponen en primer plano estos ecosistemas y los problemas en cuanto a su uso y conservación.
Conmemorando este día desde Maremasma proponen que “nos acompañéis el próximo sábado, 7 de Febrero, en una Ruta de naturaleza, interpretación y avistamiento de aves en la ría de Foz. Una jornada en la que colaboramos con varias organizaciones y colectivos locales con el fin de acercar al público general a conocer la gran biodiversidad de fauna y flora de la Ría de Foz en una jornada al aire libre. De esta forma se amplía la oferta de actividades para ese fin de semana en la comarca de A Mariña, en donde Foz, Barreiros y Ribadeo celebrarán el sábado una jornada de...
leer más 03/02/2015
Coa cea baile de coroación da raíña do Entroido, celebrada o pasado sábado no pavillón do colexio Martínez Otero, comezaron os actos do Entroido de Foz 2015, que se desenvolverán ata o día 20 deste mes.
A seguinte actividade programada é a cea baile de comadres que terá lugar na Sala Bahía o día 12 deste mes, xoves, a partir das 21:30 horas. Na xornada seguinte celebrarase o pregón do Entroido, que correra a cargo do grupo Pernas do Centiño, o concurso de coplas e unha macrobatukada.
O sábado 14 será o día grande do Entroido focense co desfile, no que se repartirán 7.000 euros en premios, chocolatada no Campo da Cabana e despois baile na Sala Bahía coas orquestras Marbella e Jerusalén. O domingo 15 e o martes 17 haberá bailes...
leer más 27/01/2015
A Biblioteca Municipal de Foz convoca o seu XIV Certame de Poemas de Amor, o máis antigo da comarca. No concurso poderán participar tódalas persoas que o desexen en tres modalidades distintas: nen@s de ata 11 anos, moz@s de 12 a 18 e adult@s de 19 en adiante. O tema dos traballos deberá ser o amor e a extensión máxima dos poemas non deberá superar o tamaño dun folio DIN-A4. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o día 24 de febreiro. Os interesados poden entregar xa os seus traballos de forma presencial, na propia Biblioteca Municipal, ou de forma dixital, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
Dende a Biblioteca Pública de Foz explican que só se admitirán os poemas que sexan presentados sen ningunha...
leer más