Foz
A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o seu tradicional concurso para elixir á raíña e ao rei do vindeiro Entroido 2015. Dende este organismo comunican que poderán participar na elección todos os candidatos que teñan máis de 18 anos e presenten antes do venres 21 de novembro a documentación requirida nas dependencias da Delegación de Cultura, que están na Casa do Concello. Os interesados deberán aportar unha folla acreditativa cos seus datos persoais, dúas ou máis fotografías recentes e un documento no que expliquen brevemente cales son os motivos que os levan a querer ser rei ou raíña destes festexos.
...
leer másO Concello de Foz organiza, a través da súa biblioteca pública municipal, e en colaboración con Radio Foz e a Oficina de Información ao Consumidor, o seu XIII Concurso de Postais de Nadal. No certame, que dende a organización destacan que é o máis antigo da comarca, poderán participar tódolos rapaces que o desexen con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.
Os participantes optarán a un primeiro e a un segundo premio en cada unha das tres categorías: infantil ata 6 anos, infantil de 7 a 10 e xuvenil de 11 a 16. Tamén haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o alumno premiado. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 26 de novembro e o fallo do...
leer más