Foz celebra o 24 de xullo unha xornada gastronómica dedicada ao ovo organizada pola Festa Normanda

Foz acollerá o día 24 de xullo, xoves, unha xornada gastronómica dedicada ao ovo organizada pola Festa Normanda. Será a partir das 20:00 horas na Praza Conde de Fontao e na explanada do porto focego.

Haberá ovos fritos, chourizo, patacas, pan e viño ou auga, todo por 10 euros. E tamén ración de empanada de bonito por 4 euros.

As 21:00 horas actuará a agrupación O Feitizo, de Foz, e desde as doce da noite haberá musica a cargo do DJ da Casa.