
A asociación sociocultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza para o día 27 de xuño, venres, unha charla do palestino Sami Ashour sobre O xenocidio israelí en Gaza. Será as 20:30 horas na Casa de Cultura Poeta Manuel María.
O palestino Sami Ashour vive en Santiago de Compostela, é natural de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, e preside a Asociación Galaico Árabe Jenin.