
A parroquia de Vilaronte, no concello de Foz, celebrará as festas de San Xoán os días 14, 21 e 22 de xuño, organizadas pola Asociación Cultural O Atrio.
Os festexos comezarán este sábado, 14 de xuño, co sesión vermú desde as 14:00 horas. O pregón, a cargo de Conchita de Bautista, será ás 19:30 horas e ás 20:00 horas haberá un festival folclórico infantil da Agrupación Folclórica O Feitizo, de Foz. Ás 21:00 horas empezará a churrascada e a partir das 22:30 horas actuará o dúo Primera Línea.
O sábado 21 de xuño ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Waykas.
E o domingo 22 ás 13:00 horas a misa solemne será cantada pola Coral Polifónica de Foz; a continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Tania Veiras y los Cumbiapop, que tamén amenizará a verbena de tarde desde as 18:00 horas.