A Peña Ñasss e a comparsa As Farangullas organizan a “Sardiñasss” en Foz este sábado, 11 de xullo

A Peña Ñasss e a comparsa As Farangullas organizan a Sardiñasss en Foz este sábado, día 11 de xullo, desde as 19:00 horas. A música será a cargo do dúo de DJ´s Grande Osso.

“Xa está aquí a Sardiñasss ‘26. O clásico dos clásicos do verán focego.
Pan, sardiñas, bolo preñado, cachelos e viño ou auga. No Paseo da Ribeira (ao lado de Portochico). E despois, queimada popular de balde.
Todo isto e moita festa co bar das Faragullas e cos inimitables Grande Osso para un sábado marabilloso”, anuncia a organización.