Trabada

Etiquetas:
22/07/2025

Trabada acollerá o venres 8 de agosto ás 19:00 horas unha actividade deportiva totalmente nova no municipio: unha carreira andaina de orientación, organizada por Castropol Deporte coa colaboración do Concello de Trabada.

A proba terá lugar polo casco urbano de Trabada, con saída desde a Praza do Concello, e está pensada para todos os públicos, sen necesidade de ter experiencia previa. Trátase dunha actividade lúdica e deportiva que combina o exercicio físico coa orientación no espazo, e que pode facerse tanto correndo como camiñando, polo que é accesible para persoas de todas as idades.

Haberá dous tipos de percorridos, medio e longo, e poderase participar de forma individual, en parellas ou en grupos de ata 4 persoas. A inscrición está aberta ata o martes 5 de agosto, a través da web castropoldeporte.wordpress....

leer más
21/07/2025

O Concello de Trabada anuncia que este martes, día 22 de xullo, abre o prazo de inscrición para os programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar 2025-2026, “co obxectivo de facilitar a organización da vida familiar e laboral das familias do municipio”. As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude ata o día 20 de agosto.

O programa Madrugadores funcionará entre as 8:00 e as 9:30 horas, permitindo que os nenos e nenas poidan chegar ao colexio con antelación ao inicio das clases. Pola súa banda o programa Ludiseráns desenvolverase en horario de 15:30 a 19:00 horas, unha vez finalizada a xornada lectiva.

Ambas iniciativas estarán dispoñibles desde o primeiro ata o último día lectivo do curso escolar e están dirixidas ao alumnado do colexio de...

leer más
16/07/2025

O Concello de Trabada anuncia que colabora un ano máis coa organización das Festas de Santiago e Santa Ana na parroquia de Santiago de Abres, “unha celebración singular que une á veciñanza da parte galega e asturiana nun ambiente de convivencia, tradición e música”.

As festas darán comezo este sábado, 19 de xullo, co Campionato de Balinera con carabina, organizado no Campo da Festa a partir das 19:30 horas. A continuación celebrarase unha churrascada popular, amenizada polo DJ Marcos.

A programación continuará o xoves 25 de xullo cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú co dúo Belinda, e pola noite, verbena coa actuación das orquestras Suavecito e Costa Dorada.

O sábado 26 de xullo terá lugar outra xornada de celebración con misa, sesión vermú coa música de DJ Pedro...

leer más
11/07/2025

La parroquia de Sante, en el municipio de Trabada, celebra la Fiesta de la Espuma este domingo, día 13 de julio, a partir de las 17:00 horas.

Está organizada por la Asociación de Vecinos San Julián de Sante, que anuncia que se trata de un evento para todos los públicos y además explica: “debes tener entrada (precio 5 euros) para acceder al recinto; disponemos de vestuarios para que puedas cambiarte de ropa; todo menor de 8 años debe ir acompañado de un adulto; acuérdate de traer ropa para cambiarte tras la actividad”.

A organización destaca que “habrá hinchables, cañón de espuma y más sorpresas, además de servicio de bar y chocolatada popular”.

Etiquetas:
27/06/2025

O Concello de Trabada organiza un Campionato de Balinera o día 19 de xullo, sábado, ás 19:30 horas no campo da festa de Abres.

“Este evento, dirixido a persoas de todas as idades, celebrarase nun ambiente lúdico e seguro. As balineras serán facilitadas pola organización, polo que non é necesario dispoñer dunha propia para participar. O campionato contará con premios para os tres primeiros clasificados: 1º, Carabina GAMO, valorada en 249 euros; 2º, Taladro EINHELL, valorado en 213 euros; e 3º, maletín de chaves IRIMO, valorado en 99 euros”, anuncia o Concello de Trabada.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse previamente nas oficinas municipais ou no teléfono 982.135.011 ata o 15 de xullo, aínda que tamén será posible anotarse o mesmo día do evento.

O alcalde de Trabada, Rubén García,...

leer más
26/06/2025

O Concello de Trabada anuncia a posta en marcha dunha iniciativa para potenciar e dar a coñecer o legado de José Rocha Gasalla, veciño do municipio recentemente falecido e doador de todo o patrimonio que conforma o actual centro etnográfico José Rocha. A decisión de organizar xornadas de portas abertas e visitas guiadas “nace como homenaxe e recoñecemento á súa xenerosa achega e co obxectivo de manter vivo o seu legado”.

“Esta nova proposta inclúe a organización de xornadas de portas abertas e visitas guiadas dirixidas tanto á veciñanza como a visitantes, co obxectivo de achegar a riqueza patrimonial e histórica da colección doada por José Rocha. A previsión é que a primeira xornada teña lugar no mes de agosto, coincidindo coas festas de Trabada, que son datas sinaladas de maior afluencia e interese turístico”, anuncia o Concello.

... leer más
Etiquetas:
26/06/2025

A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza a celebración do San Pedro, que terá lugar no Pavillón Municipal este sábado, día 28 de Xuño.

“Comezaremos as 20:30 horas e contaremos coa actuación do grupo A Subela, de Foz, que nos deleitarán coa nosa fermosa música tradicional. Pasaremos unhas horas de ledicia, con boa música e boa comida”, anuncia a asociación O Picato.

26/06/2025

A parroquia de Sante, no concello de Trabada, celebrará as festas do Corpus Christi esta fin de semana, o sábado 28 e o domingo 29 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 21:00 horas cunha cea popular; e a partir das 23:00 horas haberá festa verbena amenizada pola orquestra Channel e Disco Móvil The Sound Project.

E o domingo ás 13:00 horas  celebrarase misa solemne cantada pola coral Puerto de Figueras, seguida de sesión vermú larga co grupo Lecer.

10/06/2025

El Teleclub de Sante, parroquia del municipio de Trabada, acogerá un curso de manipulador de alimentos e higiene alimentaria este viernes, día 13 de junio. Se desarrollará de 16 a 20 horas.

Es gratuito y las plazas son limitadas.

Está organizado por la Asociación de Vecinos de Sante, que anuncia: “de la mano de Afammer ofrecemos esta jornada formativa. Será gratuito y sin duda es muy necesario en estos tiempos”.

05/06/2025

O Concello de Trabada anuncia que colabora co recentemente creado Motoclube A Cadeira na organización da I Concentración Motera que terá lugar os días 21 e 22 de xuño, sábado e domingo, na Praza do Concello e noutras localizacións do municipio.

“Este evento prevé reunir a numerosos afeccionados ao mundo das dúas rodas chegados de toda Galicia e doutras comunidades, cun amplo programa de actividades para todos os públicos: exhibicións de pilotaxe, simuladores de MotoGP, sesións vermú con música en directo e DJ, ceas populares, rutas turísticas en moto, sorteos con premios e moito máis. Entre os momentos máis destacados da fin de semana está a exhibición acrobática do piloto profesional Emilio Zamora. O encontro tamén contará cunha zona de acampada interior e exterior, servizo de taxi, foodtrucks, churrería, postos de merchandising e a...

leer más