A asociación O Picato organiza a fogueira de San Xoán e San Pedro en Trabada este venres, 26 de xuño

A asociación cultural O Picato organiza a fogueira de San Xoán e San Pedro en Trabada este venres, día 26 de xuño, desde as 21:00 horas. Haberá sardiñada, queimada e música a cargo da acordeonista Leticia.

Sobre esta actividade e outras o Concello de Trabada destaca “a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de lecer para veciños e visitantes”.

O Goberno municipal reafirma “o seu compromiso de colaboración con estas entidades, apoiando iniciativas que fortalecen a participación cidadá, a convivencia e o atractivo do concello ao longo de todo o ano”.