Trabada
O Concello de Trabada programou os días 15 e 16 de agosto, coincidindo coas súas festas patronais, dous espectáculos dirixidos a un público infantil e familiar.
O 15 de agosto ás 18:00 horas na praza do Concello a Maga Fani trae o espectáculo “Enredos, abraios e vocábulos do país”.
E o 16 de agosto ás 18:00 horas na praza do Concello terá lugar o espectáculo “Un día no circo”, de PistaCatro Productora de Soños.
“Son días de festa e xuntanzas familiares, por iso pensamos nestes dous espectáculos para os máis pequenos, que se unen á programación de cine e teatro que temos ao longo do ano para un público máis adulto”, afirmou o alcalde de Trabada, Rubén García.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza unha excursión ao Aquapark da localidade coruñesa de Cerceda para o día 24 de agosto, sábado.
A saída está programada para as oito da mañá desde a Praza do Concello de Trabada e a chegada de volta está prevista para as nove da noite.
Os menores de 18 anos deberán ir acompañados dun adulto. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para as persoas que non pertencen ao colectivo organizador.
Para participar hai que anotarse previamente e o prazo remata o día 12 de agosto.
O teleclub da parroquia de Vilaformán, no concello de Trabada, acolle esta semana o evento titulado "Cine do Eo", con varias actividades abertas á veciñanza, organizadas pola Asociación Cultural Veiguello, de Vilaformán, coa colaboración do Concello de Trabada.
O mércores, 3 de xullo, haberá un taller de dixitalización, retoque e edición de fotos, no que se lle pide ás persoas asistentes que leven imaxes que conten algo da comarca. Celebrarase tamén un creadoiro de guionización, gravación e montaxe de películas de cine, neste caso dirixido a estudantes de cine.
O xoves 4, desde as 22:00 horas, celebrarase un encontro coa veciñanza con pinchos e música, da man do acordeonista Vadim Yukhnevich.
“É unha satisfacción para o Concello que podamos acoller estas actividades, abertas á veciñanza e...
leer másO Concello de Trabada informa da apertura da piscina municipal desde o luns, 1 de xullo, ata o 31 de agosto. Estará en funcionamento todos os días de 12:00 a 21:00 horas.
“Abrimos as instalacións despois das últimas reformas realizadas na zona exterior, renovando as plaquetas e a zona verde, ademais doutras actuacións nas duchas para ofrecer aos nosos veciños e veciñas as mellores instalacións posibles”, asegurou o alcalde de Trabada, Rubén García.
“Un espazo de ocio e lecer para toda a familia, agardamos que o tempo nos deixe disfrutar da piscina estes dous meses”, engade.
Trabada celebrará a festividade de San Pedro coa tradicional fogueira o venres 28 de xuño na Praza do Concello a partir das 21:00 horas.
Este evento está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “estaremos na Praza do Concello a partir das 9 da noite e contaremos con comida e con servizo de barra. Amenizaranos o DJ do pobo The Sound Project e para os máis pequechos teremos unha colchoneta totalmente gratis. O longo da noite faremos a tradicional queimada e daremos a proba a todos aqueles que o desexen. Se o tempo non colabora cambiaremos de lugar e iremos para o pavillón municipal de Trabada”.
O Concello de Trabada presenta os detalles da primeira das rutas programadas coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. Este domingo, 23 de xuño, será a ruta da subida ó Picato, un percorrido de 8 quilómetros de dificultade baixa/media.
A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes.
As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata este mércores, 19 de xuño, no teléfono do Concello de Trabada 982.135.011.
“É a primeira das cinco rutas previstas durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro, unha actividade de deporte e natureza que é tan característica en Trabada”, asegura o alcalde, Rubén García.
A parroquia de Sante, no concello de Trabada, celebrará as súas festas de Corpus Christi esta fin de semana, o sábado 15 e o domingo 16 de xuño.
As actividades empezarán o sábado ás 21:30 horas cunha comida veciñal e a partir das 22:30 horas haberá verbena amenizada polo grupo Platinum e a discoteca móbil The Sound Project.
E o domingo 16 celebrarase misa solemne ás 13:15 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, na que actuará o dúo La Hora Bruja.
O prazo de solicitudes para o programa Trabada Concilia comeza este martes, 28 de maio, e estará aberto ata o 11 de xuño. Dentro deste programa inclúense tódolos servizos de conciliación ofertados polo Concello de Trabada, como son o campamento de verán 2024, o servizo de Madrugadores, Ludiseráns e os cursos de natación para o curso escolar 2024-2025.
O Concello amplía o número de prazas do campamento de verán debido á gran acollida que tivo o ano pasado.
“Dende o Concello de Trabada continuamos apostando polos servizos de conciliación para as familias, que tan necesarios son hoxe en día para axudar aos pais e nais, contribuíndo a fixar poboación no rural”, asegura o alcalde, Rubén García, que engade: “continuamos ofertando estes programas durante o verán e durante o curso escolar xa que queremos que as familias do noso concello conten cuns programas de conciliación...
leer másA asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza unha excursión á Ribeira Sacra para o 7 de xuño
A asociación cultura O Picato, de Trabada, organiza unha excursión á Ribeira Sacra para o día 7 de xuño, venres. Para participar hai que anotarse antes do 3 de xuño. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 45 euros e as persoas que non o son deberán pagar 55 euros.
“Temos o pracer de anunciarvos a primeira excursión que realizaremos, nesta ocasión visitaremos a Ribeira Sacra. Sairemos da praza do Concello de Trabada en autobús ás 8 da mañá, faremos un percorrido completo en catamarán e tren, visitaremos unha bodega de viño e xantaremos nun restaurante da zona. A hora aproximada da volta será polas 9 da noite. Recordade que as prazas son limitadas”, explica a organización.
A parroquia de Valboa, no concello de Trabada, celebrará o xoves 30 de maio a Feira Cabalar de San Fernando.
O programa de actividades comezará cunha misa ás 12:00 horas, tras a que haberá exposición de gando equipo e unha exhibición de andadura galega. Haberá estacionamento para cabalos, recinto con carpa, música durante toda a xornada e comida campestre con un prezo de 20 euros (venda de tickets ata o 25 de maio no Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira e Bar o Porfirio).
“Dende o Concello de Trabada queremos continuar coas tradicións locais, como recentemente coa Festa da Enfariñada e agora con esta Feira de San Fernando, que durante moitos anos xuntou a milleiros de veciños”, explica o alcalde, Rubén García.