Trabada
O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso presentaron o programa de sendeirismo para os próximos meses.
Durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro realizaranse as cinco rutas de sendeirismo coas que conta o Concello de Trabada (Ruta da Subida ó Picato; Ruta da Fraga da Vilapena; Ruta do Vento; Ruta do Monte Roxal-Teixido, e Ruta Fraga da Becerreira).
“Con esta actividade, organizada conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso, queremos dar a coñecer as nosas rutas e potenciar así mesmo os hábitos saudables e o deporte”, explica o alcalde, Rubén García.
“Quero agradecer a boa disposición da asociación de sendeirismo para a elaboración deste programa, potenciando desta forma este turismo de...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega a Trabada o contacontos musical “O misterio do tulipán”, de Yolanda Álvarez, o próximo venres 17 de maio. A área de Cultura colabora asi coa Asociación Cultural O Picato na organización dunha xornada para celebrar o Día das Letras Galegas no concello mariñán.
O contacontos, baseado no libro infantil do mesmo título, acompañarase dun pintacaras, ofrecendo unha tarde de animación e achegamento á literatura a todas as nenas e nenos de Trabada. O deputado Daniel García presentou esta actividade, que se celebrará na Casa da Cultura ás 16.00 horas, xunto ao alcalde Rubén García e a Nuria Fernández García, da asociación cultural.
Daniel García valorou “a iniciativa da asociación cultural, que pensa no público máis novo nunha data tan simbólica para a literatura e a cultura...
leer másPara celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta (escritora, filóloga e violinista nada na Coruña), a asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un certame de carácter participativo e non competitivo polo que todas aquelas persoas que participen, que poden ser de calquera idade, levarán un agasallo.
Os traballos que se presenten deber ter como temática “As nosas letras” e poden ser en forma de debuxo, narración, poema ou fotografía. Só se poderá presentar un por persoa e o prazo rematará ás 13:00 horas do día 10 de maio. Hai que entregalos en sobre pechado no Spar Express de Trabada ou na Casa do Concello.
A entrega dos agasallos aos participantes será durante un acto que terá lugar na Casa da Cultura de Trabada o día 17 de maio ás 16:00 horas. Haberá un contantos musicado titulado “O misterio do tulipán”, a cargo de Yolanda Álvarez, e...
leer másA Festa da Enfariñada cumpre a súa quinta edición este domingo, 5 de maio, con diferentes actividades e un mercado de produtos locais que comezarán ás 12:00 horas na praza do Concello. Haberá tamén actuacións do Cuarteto Tradicional Xaramolos, de Rebeldía e de Breo.
O alcalde, Rubén García, explica que este evento é “unha homenaxe a un prato típico de Trabada como é a enfariñada, con veciños e veciñas que a cociñarán, degustacións, música tradicional e un mercado de produtos de proximidade”.
O Concello de Trabada organiza un ano máis o seu Encontro dos nosos maiores, unha cita festiva e de lecer ao que están convidados tódolos veciños e veciñas maiores de 65 anos e o seu respectivo cónxuxe ou familiar.
“Despois dunha vida intensa de traballo, as persoas maiores merecen o noso recoñecemento e por iso o concello organiza esta xornada tan especial, unha homenaxe e un día de fraternidade e reencontros, no que xuntamos a diferentes xeracións e a veciños e veciñas de todas as parroquias”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.
O xantar dará comezo ás 14:00 horas no pavillón municipal de Trabada, con entrega de agasallos e baile posterior.
As persoas interesadas deben inscribirse á maior brevidade posible e, en todo caso, antes do día 24 de abril (mércores) de forma presencial...
leer másTrabada celebrará a Festa da Primavera o domingo 21 de abril cunha comida baile organizada pola asociación cultural O Picato.
Será no pavillón municipal de Trabada a partir das 13:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. Haberá sorteos despois da comida.
Os tickets para asistir están á venda no Mesón Camiño Norte ata o 19 de abril.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, renovou a totalidade dos cargos da directiva, que agora está formada por: presidente, José María Fernández Vázquez; vicepresidenta: Nuria Fernández García; secretaria, Mercedes García Pérez; tesoreira, Xenia Uz Quirós; e os vogais son Julio González Romeu, María Concepción García Fernández, Servanda Yanes Cancio, Anastasia Quintana Fernández, Ana Varela Teijo e Thor Alberich Gómez.
...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves un acordo de colaboración co Alcalde de Trabada, Rubén García Freije, para impulsar a celebración da quinta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada, que se celebrará o vindeiro día 5 de maio.
O mandatario provincial resalta a importancia desta festa que combina tradición con cultura e que pon en valor este prato típico, dándoo a coñecer dun xeito gratuíto para o conxunto da sociedade. “Esta cita naceu no 2015 e xa ten unha gran aceptación. De feito, o ano pasado servíronse máis de 700 racións, o que dá boa mostra do gran traballo que fan dende o Concello e tamén dende a veciñanza para facer desta festa un atractivo máis de Trabada que contribúa á dinamización social e económica”, indicou José Tomé.
A institución provincial achegará 10.000€...
leer másO grupo Teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), reinicia as súas actuacións. Este sábado, 6 de abril, estará na Casa da Cultura de Trabada, dentro dos circuítos teatrais que organiza o Concello.
Será ás 21:00 horas. O Centiño representará “Trepa, Tripa e Tropa”, unha crítica sobre a forma de vivir e sobre os defectos humanos.
O Concello de Trabada inaugurará o seu campo de Bolos cun torneo que será o domingo 17 de marzo. Terá lugar en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Haberá dúas modalidades federadas: Canteiro e Liña. E as xogadoras e xogadores non federados poderán inscribirse ata o xoves 14 no teléfono 982.13.50.11. As prazas son limitadas.
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, explica: “quixemos que a veciñanza contara cun espazo axeitado que lles permitise practicar este deporte tradicional, e agora entra xa en funcionamento con este torneo.
O novo campo de bolos de Trabada serve para garantir a preservación dun deporte que forma parte da nosa cultura e tradición e complementa a ampla oferta deportiva existente no concello”.
Os días 15, 16 e 17 de marzo chegará a Trabada o Tapeo 2024, organizado polo Concello en colaboración coa hostalería do municipio.
O Concello de Trabada anuncia que “esta cita gastronómica permitirá degustar seis deliciosas tapas en diferentes establecementos a un prezo de 2 euros cada unha”. Taberna da Curuxeira ofrecerá cocktail de gambas e tamén filloas recheas de carne; o Mesón Camiño Norte servirá raxo de pavo con salsa piquillo e ademais salpicón de marisco; no Bar O Porfirio poderá probarse tosta de picadillo e tamén carrilleira con puré de pataca
O alcalde, Rubén García, anima á veciñanza "a desfrutar da gastronomía e do produto local participando nesta iniciativa".