A asociación O Picato organiza o Día do Nen@ en Trabada para este xoves, 7 de agosto

A asociación cultural O Picato organiza o Día do Nen@ na Pista Multideporte de Trabada para este xoves, día 7 de agosto, de 16:00 a 20:00 horas.

“Contaremos con música, inchables acuáticos, festa da espuma...e moito máis. Agardamos por vós. Non te esquezas do bañador”, anuncia a asociación O Picato.