
O concello de Trabada celebrará os días 14, 15 e 16 de agosto as tradicionais festas na honra á Nosa Señora e a San Roque cun programa do máis completo.
A celebración comeza o xoves 14 cunha gran churrascada popular ás 21:30 horas, servida por Catering Sarredo, cun menú que inclúe entrantes fríos, empanada, queixo, xamón, croquetas, churrasco de porco, criollo, patacas, postre, bebidas, café e chupito. Os tíckets poden adquirirse ata o 10 de agosto en Spar Express Trabada, Bar A Curuxeira Ría de Abres ou chamando aos teléfonos de Iván, José ou Borja. O prezo é de 30 euros para adultos e 15 euros para menores de 12 anos. A partir das 23:00 horas, comezará a verbena a cargo de Aché e Cosmedeejay, que farán bailar a toda a vila.
O venres 15 terá lugar ás 13:00 horas a misa solemne e procesión en honra á Nosa Señora, seguida dunha animada sesión vermú co grupo Lume. Pola noite, dende as 22:00 horas, celebrarase unha nova verbena coas actuación de Lume, DJ BRF e a orquestra Acordes.
O sábado 16 haberá misa solemne e procesión ás 13:00 horas e a sesión vermú estará amenizada polo grupo Montreal. Pola noite, desde as 22:00 horas, pecharase a festa por todo o alto cunha gran verbena protagonizada por Montreal, Discomóvil The Sound Project e DJ BRF.