Deportes

Etiquetas:
26/08/2025

Ata o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para participar no primeiro Trail de Ribadeo. Está organizado polo Concello e terá lugar o 5 de outubro.

O obxectivo deste evento é fomentar a práctica do deporte ao aire libre, promover o respecto polo medio natural e dar a coñecer o patrimonio paisaxístico e cultural da zona.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “haberá tres modalidades: trail longo (24 quilómetros), trail curto (12 quilómetros) e andaina popular (12 quilómetros). Para participar nos trails será preciso ter cumpridos os 18 anos e para a andaina a partir de 12 anos (menores acompañados dun adulto responsable)”.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse en...

leer más
25/08/2025

A Xunta de Galicia patrocina o Trofeo Burela Turismo de Galicia, que este xoves, día 28 de agosto, enfrontará ao Burela Fútbol Sala feminino e o 5 Coruña FS no pavillón de Vista Alegre, a partir das 20.00 horas. O encontro servirá como presentación oficial do equipo diante da súa afección antes do comezo da nova tempada, previsto para o 6 de setembro.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na presentación do partido, nun acto que se desenvolveu no porto de Burela e no que tamén estiveron o presidente do CD Burela FS, José Luis Sáez; a adestradora do equipo feminino, Belén Feal; e unha representación do plantel de xogadoras.

Arias detallou que a Administración autonómica “destina 20.000 euros a través da Axencia de Turismo de Galicia a patrocinar en exclusiva este partido, que terá entrada...

leer más
24/08/2025

O 21 de setembro Barreiros acollerá a Valkiria Race, “unha carreira de obstáculos chea de diversión, deporte e aventura. O evento, que forma parte da Liga Española AOCO, atraerá a deportistas de toda a xeografía, poñendo a Barreiros como un punto de referencia. En colaboración co Concello de Barreiros, a organización do evento vén de anunciar a creación de 2 códigos de desconto para as persoas empadroadas en Barreiros co obxectivo de fomentar a participación entre a veciñanza”, explica o Concello de Barreiros.

Para as nenas e nenos, de 4 a 15 anos, o código de desconto é BARREIROSKIDS e aplicando este código,a proba pasa a ser totalmente gratuíta para a cativada barreirense. Para persoas adultas aplicando o código de desconto BARREIROS35 obterase un desconto de 12 euros nas carreiras Odin 9k, para as cales é válido, quedando o prezo final...

leer más
Etiquetas:
21/08/2025

O concello de Barreiros acollerá o sábado 13 de setembro a terceira etapa da 23ª Volta Ciclista a Galicia, unha das probas de referencia do calendario nacional para as categorías Élite e Sub-23, organizada pola Federación Galega de Ciclismo.

A etapa terá un percorrido de 147 quilómetros con saída ás 12:30 horas de diante da Casa do Concello e chegada prevista ao mesmo punto sobre as 16:00 horas. O trazado, que comeza en Barreiros, levará aos corredores a Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada, antes de regresar de novo a Barreiros, nun traxecto esixente que contará con tres portos de 2ª categoría e un de 3ª.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destaca a importancia deste evento deportivo: “é unha honra que Barreiros sexa escenario dunha etapa da Volta a Galicia. Este tipo de citas non só nos sitúan no mapa...

leer más
Etiquetas:
20/08/2025

O Club Ciclista Foz e o Concello de Foz presentaron a ruta BTT (bicicleta de montaña) Pico da Lebre, que se celebrará o sábado 13 de setembro e na que tamén colaboran Deputación de Lugo e Xunta de Galicia. A ruta circular, cun percorrido de 55 quilómetros e 1.500 metros de desnivel positivo, partirá o sábado 13  de setembro ás 9.30 horas da Praza Conde de Fontao.

O prazo de inscrición está aberto na plataforma CCNORTE           (https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3114/ruta-pico-da-lebre-foz) e remata o 10 de setembro. O prezo de inscrición é de 30 euros e inclúe seguros, café antes da saída, refresco na chegada e comida -empanada, paella e postre-, ademais de ducha para os participantes no Colexio Martínez Otero.

O Club Ciclista Foz...

leer más
Etiquetas:
20/08/2025

A quinta edición do Torneo Emma Cuervo Feminino de fútbol disputarano o Real Club Deportivo, da Coruña, co C.A. Osasuna, de Pamplona. Terá lugar este sábado, día 23 de agosto, ás 12:00 horas no Campo Municipal Pepe Barrera (Ribadeo).

Está organizado polo Ribadeo FC, que anuncia: “os prezos das entradas serán de 10 euros para maiores de 15 anos e de 5 euros para nenos/as entre 8 e 15 anos, mentres que os menores de 8 anos teñen acceso gratuíto. As entradas poden adquirirse nas taquillas do Campo Municipal Pepe Barrera o mesmo dia do partido”.

Etiquetas:
20/08/2025

Desde hoxe, 20 de agosto, e ata o 15 de setembro terán lugar as Noites de Skate, que organiza Aloha Escuela de Skate.  Terán lugar no Skatepark de Ribadeo de 21 a 23 horas. 

A actividade terá un custe de 5 euros/segundo explican desde a organización. As inscricións poden realizarse a través do teléfono 622 56 78 08.

O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, sinala que “seguen en Ribadeo as actividades para a nosa mocidade, organizadas polo Concello ou por empresas, como é este caso, coa nosa colaboración. O obxectivo é ofrecer diferentes alternativas e propostas para aproveitar ao máximo o verán”. 

 

20/08/2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina a VI Copa Deputación de Fútbol Sala, na que participarán 41 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina e que se disputará entre o 30 de agosto e o 2 de novembro.

O sorteo dos emparellamentos celebrouse este martes no Pazo de San Marcos , coa presenza de representantes dos clubs participantes e da Federación Galega de Fútbol en Lugo  -Pablo Prieto, presidente, Carlos Méndez, vicepresidente, e Iván Pico,  responsable de fútbol sala da Federación na provincia de Lugo- , que sinalaron que a provincia de Lugo é a única que conta con esta competición, equiparando o fútbol sala ao fútbol campo.

A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.830 euros  que...

leer más
Etiquetas:
20/08/2025

O Concello de Burela está a desenvolver rutas gratuítas en kaiak “para que veciñanza e visitantes vivan o mar de preto e de xeito seguro”. As seguintes xornadas desta actividade serán os domingos 24 e 31 de agosto de 16:00 a 19:00 horas na praia do Portelo.

Os kaiaks sitúanse na area da praia, nun espazo delimitado, e o seu uso é rotatorio baixo a supervisión de monitores titulados. Cada sesión terá unha duración de tres horas.

18/08/2025

O campo municipal Pepe Barrera acollerá o vindeiro xoves, 21 de agosto, a partir das 17 horas un partido entre a SD Ribadeo e Wims Select, de Estados Unidos, na categoría sub12. 

Wims Select son un grupo de 16 xogadores seleccionados a través dun draft que se realiza en Estados Unidos. Este grupo especial chega procedente de Nova York a Xixón, baixo a metodoloxía RSG e realizarán un partido de preparación coa SD Ribadeo na categoría sub12.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, comentou: “Ribadeo segue a ser elixido para a realización de moitos campus e experiencias deportivas novidosas como a que recibiremos este xoves no Pepe Barrera”.