Deportes
Foz acolleu a presentación oficial da sétima edición da carreira 15K A Mariña Banco Mediolanum. O acto contou coa presenza do alcalde de Foz, Francisco Cajoto; os concelleiros de Deportes de Foz e Burela, Ángel Fernández e Carlos Méndez, así como varios family bankers de Banco Mediolanum, que é o patrocinador principal del evento. A carreira disputarase o domingo 15 de xuño, cun percorrido de 15 quilómetros, entre os municipios de Foz e Burela, e ofrece aos participantes a posibilidade de inscribirse tanto na modalidade de carreira a pe como en andaina. As saídas realizaranse desde a praia de Llas (Foz) ás 10:00 e ás 11:00 da mañá, respectivamente.
A organización explica que todos os participantes contarán cun servizo de autobuses gratuíto que facilitará o traslado ao punto de saída ou de chegada. Tamén anuncia que os máis pequenos poderán gozar das...
leer másEstá aberta a inscrición para participar no campus de verán do Atlético de Madrid que se desenvolverá en Ribadeo do 28 de xullo ao 9 de agosto.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “haberá dúas quendas deste campus: unha que terá lugar do 28 de xullo ao 2 de agosto e outra do 4 ao 9 de agosto. Desenvolverase de luns a sábado en horario de 9:30 a 14:00 horas e está destinado a rapaces de 5 a 16 anos. Os participantes recibirán valoración técnica, equipamento do campus do Atlético de Madrid, diploma acreditativo, así como recordos e fotografías”.
Silvent contou que “este campus contará con servizo de autobús entre Foz e Ribadeo pasando por San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante e entre La Caridad e Ribadeo pasando por Valdepares, Tapia, Figueras, Barres, Castropol e Vegadeo. Todo...
leer másOs días 7 e 8 de xuño, sábado e domingo, terá lugar o XX Torneo Benxamín e Prebenxamín de fútbol base que organiza a SD Ribadeo. O evento reunirá na vila a 600 nenos procedentes de Asturias, Castela-León, Galicia e Portugal. Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía.
Na presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde ribadense, Dani Vega; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
Desde a organización explican: “teremos en Ribadeo esta fin de semana a 600 nenos para disputar este torneo....
leer másRibadeo acollerá do 23 ao 28 de xuño un Campus de Tecnificación de Baloncesto destinado a rapazas e rapaces de 6 a 18 anos.
O evento foi presentado no Salón dos Alcaldes por Sergio Cuesta, coordinador Zona Norte de Élite Sports Academy; Alberto Carmona, CEO de The Basket Dream; José Ramón Vázquez, presidente do CB Ría de Ribadeo; Dani Vega, alcalde ribadense; e Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes.
Silvent contou que “ata o momento hai 40 inscritos para participar neste Campus de Tecnificación de Baloncesto, que se vai celebrar este mes en Ribadeo. As rapazas e os rapaces compartirán esta experiencia deportiva con adestradores profesionais da liga feminina e da masculina de LEB Ouro e con xogadores de EBA e de LEB Ouro. Por aquí pasarán nomes como Javi Menéndez, Opong Bramble, Manu Ruano, Gonçalo Morais...
leer másO Concello de Barreiros anuncia que a partir do luns 2 de xuño abre a inscrición para facer uso do ximnasio municipal. Poderán tramitarse do 2 ao 10 de xuño ou a partir do 19 de xuño. A apertura oficial terá lugar o luns 9 de xuño cun horario que vai de luns a domingo, de 7:00 a 23:00 horas.
“Todas as persoas que formalicen a matrícula para este mes de xuño terán un desconto do 50 por centro sobre a tarifa a aplicar. Os impresos estarán dispoñibles no ximnasio, no Concello, e na web municipal (www.concellodebarreiros.gal), no apartado de deportes. Unha vez validada a inscrición os chaveiros que vos darán acceso as...
leer másEsta fin de semana, 31 de maio e 1 de xuño, terá lugar o XX Torneo Alevín e Biberón de Fútbol Base da SD Ribadeo, que reunirá na vila a máis de 900 nenas e nenos e a 150 adestradores de equipos procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León.
Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía.
Na presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde ribadense, Dani Vega; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “un ano...
leer másA trixésima edición do torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica celebrarase este domingo, día 1 de xuño.
Será no Pavillón municipal de Xove nestes horarios: de 10:30 a 13:40 e de 16:30 a 18:50 horas.
O terceiro campus mixto de fútbol Burela Bonita será do 14 ao 18 de xullo nas instalacións da Marosa
A terceira edición do campus mixto FutbolinLugo Burela Bonita, para nenos e nenas de 5 a 16 anos, terá lugar do 14 ao 18 de xullo nas instalacións da Marosa, anuncia o Concello de Burela, que engade: “se queres que desfruten do fútbol, aprendan e o pasen en grande, xa podes inscribilos”.
E a Xunta de Galicia, que colabora con Futbolinlugo nesta actividade, destaca que o campus “estase a consolidar como un referente na oferta deportiva da comarca; o pasado ano participaron arredor de 90 rapaces e rapazas e nesta edición xa superou esa cifra cando aínda continúa aberto o prazo de inscrición”.
Ribadeo acollerá do 23 ao 28 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón, que foi presentado no Salón dos Alcaldes. No acto participaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o alcalde, Dani Vega, o responsable de Negocio Deportivo do equipo asturiano, Daniel Acebal e o CEO de The Football Dream, organizador do Campus Mareo Itinerante, Alberto Carmona.
O edil de Deportes tivo palabras de agradecemento para o club asturiano: “quiero darle las gracias desde el Concello de Ribadeo al Sporting por enseñar los valores y ese gran talento de una de las mejores canteras del fútbol español, como dice su historia, a nuestros jugadores, como hacen con los suyos. Os damos las gracias por hacer tan bien vuestro trabajo, por entender que el deporte es clave y por escoger a Ribadeo como epicentro del deporte y entender que somos...
leer másA Xunta de Galicia apoia a primeira edición do Campus Internacional de Baloncesto ‘Sublime’ de Ribadeo, que se celebrará do 20 ao 25 de xullo nas instalacións do pavillón municipal ribadense.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou este xoves, 22 de maio, na presentación da actividade xunto ao alcalde ribadense, Daniel Vega, e representantes da organización.
O campus contará cun equipo internacional de primeiro nivel, que enfocará os adestramentos a ensinar as mellores técnicas do baloncesto europeo e americano. Está aberto a deportistas nacidos entre os anos 2007 e 2013. A iniciativa enmárcase nun proxecto impulsado conxuntamente polo exxogador profesional lucense Pablo Ferreiro e o campión da NBA cos Boston Celtics Payton Pritchard. A actividade terá un director europeo e outro estadounidense,...
leer más