Deportes
Os concellos de Alfoz e Valadouro organizan a cuarta edición da Carreira Popular Valadouro-Alfoz o día 4 de outubro, sábado, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O evento, que se celebra de maneira alterna entre os dous concellos veciños, está aberto á participación de persoas de diversas idades, con diferentes percorridos segundo a categoría: a absoluta percorrerá 6,5 quilómetros; infantil e cadete, 1,6 quilómetros; alevín, 1,2 quilómetros; benxamín, 600 metros; e os pícaros, 200 metros. A saída da carreira absoluta será dende diante da Casa da Cultura do Valadouro, cunha meta situada no entorno do pavillón de Alfoz . Pola súa parte, as categorías inferiores correrán arredor do parque municipal de Alfoz. Ademais haberá unha andaina popular como parte da oferta.
Na...
leer másA parroquia de Santo Tomé, no concello de Lourenzá celebrará as festas na honra a San Antonio e Santo Tomás desde o venres 19 ata o domingo 21 de setembro.
As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas con pulpada e churrascada. E despois haberá verbena co dúo Ángel América e a orquestra Channel.
O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne; a continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Mar de Arousa, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:30 horas xunto ao grupo Beatriz.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne; e despois terá lugar a procesión e unha sesión vermú longa co grupo Master.
Este martes, día 16 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para formar parte das escolas deportivas municipais de Barreiros para crianzas, que se desenvolverán desde o día 1 de outubro de 2025 ata o 28 de maio de 2026, agás as actividades temporais como skate e surf, que por cuestións técnicas das propias prácticas rematarán antes de dita data ou a 30 de xuño do 2026.
A oferta das escolas deportivas municipais de Barreiros para crianzas inclúe skate, karate, surf, atletismo, fútbol sala e patinaxe.
A información sobre horarios, prezos e inscricións pode consultarse na web municipal: ...
leer másO Concello de Alfoz abre o prazo de inscrición do 15 ao 22 de setembro para participar nas actividades deportivas de adultos deste curso. As persoas interesadas pode apuntarse na sede electrónica ou Oficina de Rexistro do Concello. As prazas son limitadas.
A oferta inclúe: Ximnasia de mantemento (martes e xoves de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal); Ioga (luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas na Escola de nenos de Adelán); Aerobic (martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas no pavillón municipal); e Pilates (luns de 18:30 a 19:30 e mércores de 20:30 a 21:30 horas Escola de nenos de Adelán, coa opción de un ou dous días).
Los clubs de fútbol Mondoñedo FC y La Caridad CF disputarán el X Memorial Ramón Espantoso este domingo, día 14 de septiembre, en el campo mindoniense Viñas da Veiga. Será a las 18:30 horas.
Con este torneo se homenajea a Ramón Espantoso, un vecino de Mondoñedo que destacó por su labor en el fútbol de base mindoniense y falleció en el año 2005.
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta patrocina a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, 13 de setembro. A pasada noite pechouse a inscrición con 1.076 persoas anotadas.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “a Media Maratón Ribadeo-As Catedrais vai a máis. Nesta décimo primeira edición temos récord de inscritos, contamos con 1.076 corredores e corredoras anotadas para disputar esta proba este sábado, día 13”.
O edil ribadense dixo que “os participantes poderán gozar dunha paisaxe espectacular así como as seus acompañantes. É unha fin de semana importante para Ribadeo e para o seu tecido empresarial porque moitas destas persoas chegadas doutras provincias durmirán, comerán e cearán na nosa vila, prolongando deste xeito a boa tempada que vivimos durante os...
leer másDo 16 ao 30 de setembro estará aberta a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo.
Son 12 as modalidades ofertadas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica.
Algunhas das escolas arrincarán xa en setembro, como é o caso do atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala ou tenis de mesa. Mentres que en outubro darán comezo as de hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis e ximnasia rítmica.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “as inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude do 16 ao 30 de setembro. O custe por escola para todo o curso será de 60 euros. Desde o Concello animamos a todas as nenas e os nenos de Ribadeo...
leer másO Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan o VI Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga entre o 23 e o 28 de setembro, ambos incluídos.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, e por Fran García e Susana Moreno, en representación do Club Deportivo.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 21 de setembro a través da plataforma www.mistorneosonline.es ou do teléfono 639054015.
Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 20 euros nunha categoría e de 28 euros en...
leer másO Concello de Cervo abre este martes, día 9 de setembro, o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.
Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, balonmán e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, corpo activo e ioga.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo este martes para os cursos de natación da tempada 2025-2026 tanto para infantil como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación e tamén se impartirán clases de Aquagym. O criterio de admisión...
leer másAcisa colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a décimo primeira edición o vindeiro sábado, 13 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da décimo primeira Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar o vindeiro 13 de setembro. Todas as corredoras e corredores que rematen a carreira recibirán unha medalla conmemorativa xentileza da nosa asociación. Ademais, algúns negocios asociados a Acisa tamén quixeron aportar unha pequena colaboración, en forma de regalos para sortear entre os participantes”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que “a...
leer más












