
O Real Sporting de Gijón presentou en Foz as Xornadas de Tecnificación, un campus intensivo de fútbol que se levará a cabo os días 30, 31 de marzo e 1 de abril no Campo de Fútbol de Malates de 10 a 14 horas.
As xornadas contan coa colaboración do Concello de Foz, do Club Deportivo Foz e da Asociación Deportiva Santiago de Foz e xa están abertas as inscricións en thefootballdream.com
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández Neira, destacaron “o compromiso do Club Deportivo Foz e da AD Santiago de Foz co deporte de base e agradeceron a iniciativa do Sporting de Gijón, que achega unha formación técnica e especializada a todas as nenas e nenos que se queiran apuntar nunhas xornadas intensivas de práctica de fútbol”.


