Deportes
Os días 12 e 13 de agosto, martes e mércores, celebrarase na praia urbana de Burela o primeiro torneo de volei praia Concello de Burela.
Está aberto a todas as idades e contará con dúas categorías: júnior (menores de 18 anos) e sénior (maiores de 18). Poderán participar tanto equipos masculinos como femininos, e os partidos xogaranse en formato 4x4.
A inscrición é de balde e pode facerse a través do número de teléfono 637.562.348.
Barreiros acolle a undécima edición da carreira popular Benquerencia Terra-Mar que se celebrará este sábado, día 9 de agosto, na parroquia de San Pedro de Benquerencia. A proba está integrada no circuíto de carreiras Populares +kmsBarreiros, promovido polo Concello de Barreiros, sendo esta a cuarta das seis probas que o compoñen.
Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; e representantes da Asociación Deportiva Augas Santas, entidade organizadora da carreira.
Desde a organización sinalan que as inscricións permanecerán abertas ata este xoves, 7 de agosto, e que “todas as persoas participantes na categoría absoluta recibirán un agasallo, cando...
leer másO Campo Municipal da Veiga será o escenario do VIII Torneo Maruxaina, que se celebrará o xoves 7 de agosto “nunha intensa xornada de fútbol con catro equipos destacados da comarca”, anuncia o Concello de Cervo. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o presidente do club anfitrión, Eduardo Rubal, e o director deportivo, Félix Martins, nas instalacións da Veiga. O evento, organizado polo C.D. San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo, contará con estes equipos: C.D. San Ciprián (2ª FUTGAL), U.D. Xove Lago (1ª FUTGAL), S.D. Burela (Preferente) e C.D. Foz (1ª FUTGAL).
A competición desenvolverase en formato eliminatorio, con dúas semifinais programadas para as 18:00 e 19:00 horas, que enfrontarán ao CD San Ciprián e a UD Xove Lago e o CD Foz e a SD Burela, respectivamente. A loita polo 3º e 4º posto terá lugar ás...
leer másO vindeiro domingo, 3 de agosto, ás 18:00 horas o Campo Municipal de Alfoz será escenario do II Memorial José Antonio Río, un emotivo encontro deportivo organizado polo CD Alfoz en colaboración co Concello de Alfoz, en lembranza dun dos veciños máis queridos e implicados no deporte local.
Nesta segunda edición, a SD Burela e a UD Somozas serán os equipos protagonistas dun partido amigable que se presenta como un auténtico espectáculo para os afeccionados ao fútbol da comarca e como unha merecida homenaxe a José Antonio Río.
Desde a directiva do CD Alfoz sinalan que “este memorial é unha forma de manter vivo o recordo dunha persoa que tanto fixo polo deporte e pola mocidade de Alfoz. Agradecemos aos clubs participantes o seu compromiso con esta iniciativa”.
O evento está aberto ao público...
leer másAs instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo acolleron a presentación da XXXV Semana Náutica, que terá lugar do 2 ao 17 de agosto. O acto contou coa participación do alcalde, Dani Vega.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Pablo Fernández, agradeceu a colaboración de institucións como a Xunta de Galicia e o Concello ribadense, a de entidades como Acisa e a das empresas privadas, que un ano máis apoian esta cita veraniega. Fernández relatou o programa da XXXV Semana Náutica e anunciou que “o 23 de agosto terá lugar o trofeo en homenaxe a David Botín, coa que concluirán estas actividades de verán”.
A xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, aludiu á importancia que a náutica ten en Galicia, onde hai 73 portos náuticos e más de 10.700 amarres en Galicia: “esas cifras indican a...
leer másO Día da Bici chega este sábado, día 2 de agosto, da man do Club de Atletismo Ría de Foz e a Run Foz Run, coa colaboración do Club Ciclista Foz e a coorganización do Concello de Foz.
A organización anuncia que o Día da Bici de Foz “é un paseo en bicicleta para persoas de todas as idades, con saída ás 19:00 horas desde o Paseo da Ribeira ata a praia de Peizás, onde se dará a volta para volver ao punto inicial. Ao finalizar haberá un pequeno avituallamiento e sorteo de agasallos entre as persoas participantes. A inscrición poderá realizarse o mesmo sábado desde 17:00 horas no punto de saída, diante do Cenima”.
Presentaron este evento Manuel Eiras Rodríguez, da Run Foz Run; Jesús Amor Prieto, xefe da Policía Local, e Ángel Fernández Neira, concelleiro de Xuventude e Deportes.
Os equipos Real Madrid Castilla e Racing de Ferrol disputarán en Viveiro o torneo de fútbol Memorial Luis de Carlos este sábado, día 2 de agosto. Será no Estadio Cantarrana ás 19:00 horas.
O Concello de Viveiro dará o nome de Kiko Rey ao Estadio Cantarrana en homenaxe ao histórico dianteiro viveirense. O propio Kiko Rey fará o saque de honra deste partido e descubrirase unha placa conmemorativa.
No Estadio da Marosa, de Burela, disputarase os días 1 e 2 de agosto, venres e sábado, o VII Torneo Fútbol 11 Veteranos Feira do Bonito.
Ademais do club organizador, Veteranos da SD Burela, participarán estes equipos: CD San Ciprián, UD Folgueiro, CD Foz, Mondoñedo FC e Real Tapia.
Os partidos empezarán o venres ás 20:00 horas e a final será o sábado ás 13:00 horas.
O campo municipal Pepe Barrera acolleu esta tarde a presentación do LXXIV Torneo Emma Cuervo de fútbol, que disputarán o vindeiro 6 de agosto ás 19:00 horas o Real Club Deportivo da Coruña e o Real Oviedo.
Ao acto asistiron o alcalde, Dani Vega, os concelleiros de Medio Ambiente e Igualdade, Diego Dos Santos e Begoña Sanjurjo, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o deputado provincial responsable da Área de Rural, Mar e Mocidade, Dani García, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o presidente do Ribadeo FC, Valentín Coto, o vicepresidente do Real Oviedo, Manuel Paredes, e Carlos Ballesta, conselleiro do RC Deportivo da Coruña.
Todos fixeron fincapé na importancia desta cita, xa que o Emma Cuervo é o vicedecano dos torneos de verán e da importancia que terá para o tecido...
leer másEste luns tivo lugar a presentación da XLVII Gran Tirada Concello de Viveiro, “unha das citas máis destacadas do calendario galego de tiro ao prato”, organizada polo Club de Tiro San Roque e que se celebrará o 15 de agosto no campo de tiro da cidade, anuncia o Concello de Viveiro.
A presentación contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, acompañada de Juan Casabella e Antonio Novo, membros da directiva do club organizador. A rexedora destacou a longa traxectoria desta proba, “que ano tras ano consolida a súa importancia no panorama deportivo e contribúe tamén a dinamizar a nosa vila durante o verán”.
...
leer más
        











