Real Madrid Castilla e Racing de Ferrol disputan en Viveiro o torneo de fútbol Memorial Luis de Carlos este sábado, 2 de agosto

Os equipos Real Madrid Castilla e Racing de Ferrol disputarán en Viveiro o torneo de fútbol Memorial Luis de Carlos este sábado, día 2 de agosto. Será no Estadio Cantarrana ás 19:00 horas.

O Concello de Viveiro dará o nome de Kiko Rey ao Estadio Cantarrana en homenaxe ao histórico dianteiro viveirense. O propio Kiko Rey fará o saque de honra deste partido e descubrirase unha placa conmemorativa.