Deportes

Etiquetas:
09/06/2025

Viveiro acollerá este sábado, día 14 de xuño, a III Bandeira de Traiñeiras de Veteráns CR Celeiro, unha proba da Liga Galega de Veteráns que se disputa entre os meses de maio e xuño.

O CR Celeiro organiza a regata, na que agardan a participación dunha decena de tripulacións masculinas e femininas, e que se disputará a partir das 16:00 horas fronte a praia de Covas, na zona dos Castelos. Nese marco presentouse a proba, nun acto no que participaron José Manuel Prieto Sierra e Belén Pérez Pérez, do CR Celeiro; o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García; e a concelleira Miriam Bermúdez, que animaron a achegarse á contorna de Covas para presenciar a competición, na que participarán tripulacións de Cabo de Cruz, Vila de Cangas, AD Esteirana, CDM Mera ou CR Muros.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “o CR Celeiro sairá por primeira vez a unha regata de...

leer más
08/06/2025

O Concello de Barreiros abre as inscricións para o programa MoVernos no Verán 2025, con actividades deportivas para maiores de 12 anos que se desenvolverán do 16 de xuño ao 15 de setembro.

Haberá zumba, pilates, ximnasia de mantemento, ioga e espalda saudable e levarase a cabo nas localidades de San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante.

As inscricións para persoas empadroadas en Barreiros serán do 9 ao 11 de xuño (ata as 14:30 horas) e para persoas non empadroadas en neste municipio, a partir do 12 de xuño. As prazas son limitadas.

Etiquetas:
06/06/2025

O pavillón da Veiga, en San Ciprián, acollerá o oitavo torneo de voleibol Concello de Cervo este sábado, día 7 de xuño, a partir das 16:00 horas. Enfrontaranse os equipos infantís e xuvenís dos clubs CD San Ciprián e Xabaríns Volei, de Lugo.

O Concello de Cervo anuncia que é “unha actividade que porá tamén punto e final a un curso excepcional das Escolas Deportivas Municipais, que tamén contaron con esta disciplina”. E anima “a toda á veciñanza a achegarse durante esta xornada ao Pavillón da Veiga a desfrutar dunha gran xornada de voleibol”.

05/06/2025

Foz acolleu a presentación oficial da sétima edición da carreira 15K A Mariña Banco Mediolanum. O acto contou coa presenza do alcalde de Foz, Francisco Cajoto; os concelleiros de Deportes de Foz e Burela, Ángel Fernández e Carlos Méndez, así como varios family bankers de Banco Mediolanum, que é o patrocinador principal del evento. A carreira disputarase o domingo 15 de xuño, cun percorrido de 15 quilómetros, entre os municipios de Foz e Burela, e ofrece aos participantes a posibilidade de inscribirse tanto na modalidade de carreira a pe como en andaina. As saídas realizaranse desde a praia de Llas (Foz) ás 10:00 e ás 11:00 da mañá, respectivamente.

A organización explica que todos os participantes contarán cun servizo de autobuses gratuíto que facilitará o traslado ao punto de saída ou de chegada. Tamén anuncia que os máis pequenos poderán gozar das...

leer más
05/06/2025

Está aberta a inscrición para participar no campus de verán do Atlético de Madrid que se desenvolverá en Ribadeo do 28 de xullo ao 9 de agosto.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “haberá dúas quendas deste campus: unha que terá lugar do 28 de xullo ao 2 de agosto e outra do 4 ao 9 de agosto. Desenvolverase de luns a sábado en horario de 9:30 a 14:00 horas e está destinado a rapaces de 5 a 16 anos. Os participantes recibirán valoración técnica, equipamento do campus do Atlético de Madrid, diploma acreditativo, así como recordos e fotografías”.

Silvent contou que “este campus contará con servizo de autobús entre Foz e Ribadeo pasando por San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante e entre La Caridad e Ribadeo pasando por Valdepares, Tapia, Figueras, Barres, Castropol e Vegadeo. Todo...

leer más
Etiquetas:
05/06/2025

Os días 7 e 8 de xuño, sábado e domingo, terá lugar o XX Torneo Benxamín e Prebenxamín de fútbol base que organiza a SD Ribadeo. O evento reunirá na vila a 600 nenos procedentes de Asturias, Castela-León, Galicia e Portugal. Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía.

Na presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde ribadense, Dani Vega; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

Desde a organización explican: “teremos en Ribadeo esta fin de semana a 600 nenos para disputar este torneo....

leer más
Etiquetas:
02/06/2025

Ribadeo acollerá do 23 ao 28 de xuño un Campus de Tecnificación de Baloncesto destinado a rapazas e rapaces de 6 a 18 anos.

O evento foi presentado no Salón dos Alcaldes por Sergio Cuesta, coordinador Zona Norte de Élite Sports Academy; Alberto Carmona, CEO de The Basket Dream; José Ramón Vázquez, presidente do CB Ría de Ribadeo; Dani Vega, alcalde ribadense; e Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes.

Silvent contou que “ata o momento hai 40 inscritos para participar neste Campus de Tecnificación de Baloncesto, que se vai celebrar este mes en Ribadeo. As rapazas e os rapaces compartirán esta experiencia deportiva con adestradores profesionais da liga feminina e da masculina de LEB Ouro e con xogadores de EBA e de LEB Ouro. Por aquí pasarán nomes como Javi Menéndez, Opong Bramble, Manu Ruano, Gonçalo Morais...

leer más
Etiquetas:
31/05/2025

O Concello de Barreiros anuncia que a partir do luns 2 de xuño abre a inscrición para facer uso do ximnasio municipal. Poderán tramitarse do 2 ao 10 de xuño ou a partir do 19 de xuño. A apertura oficial terá lugar o luns 9 de xuño cun horario que vai  de luns a domingo, de 7:00 a 23:00 horas.

“Todas as persoas que formalicen a matrícula para este mes de xuño terán un desconto do 50 por centro sobre a tarifa a aplicar. Os impresos estarán dispoñibles no ximnasio, no Concello, e na web municipal (www.concellodebarreiros.gal), no apartado de deportes. Unha vez validada a inscrición os chaveiros que vos darán acceso as...

leer más
30/05/2025

Esta fin de semana, 31 de maio e 1 de xuño, terá lugar o XX Torneo Alevín e Biberón de Fútbol Base da SD Ribadeo, que reunirá na vila a máis de 900 nenas e nenos e a 150 adestradores de equipos procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León. 
Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía. 

Na presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García;  a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde ribadense, Dani Vega; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “un ano...

leer más
29/05/2025

A trixésima edición do torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica celebrarase este domingo, día 1 de xuño.

Será no Pavillón municipal de Xove nestes horarios: de 10:30 a 13:40 e de 16:30 a 18:50 horas.