Deportes

06/11/2024

Máis de 200 persoas xa están inscritas na sexta edición da carreira popular Ao Son do Masma, última proba das seis que compoñen o circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros e que terá lugar este domingo, 10 de novembro desde as 10:30 horas nas escolas de Celeiro de Mariñaos.

O prazo de inscrición estará aberto ata este xoves 7 de novembro a través da web oficial do circuíto: www.maiskmsbarreiros.gal. A proba conta con categoría adulta (salmóns), sub-16 (sollas), sub-14 (lampreas), sub-12 (anguías), sub-10 (reos), sub-8 (troitas) e pitu@s (troitiñas). Todas as categorías de menores son con inscrición gratuíta.

A saída da andaina, que terá...

leer más
Etiquetas:
05/11/2024

O Concello de Foz anuncia que “a concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, e Vanesa Ares, alma do Foz Contact Ari, presentaron a V Arenka Fight Night. Unha nova velada de kickboxing que se celebrará no pavillón de Marzán o vindeiro sábado, 9 de novembro, a partir das 19:30 horas. Os nosos loitadores e loitadoras subiranse ao ring coa máxima das ilusións para enfrontarse a representantes da costa sur galega. Non perdas a oportunidade de gozar do deporte de contacto en Foz”.

31/10/2024

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola Ruta dos Castelos, no entorno da Frouxeira (Alfoz), para o día 9 de novembro, sábado. A distancia a percorrer son nove quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Ferreira do Valadouro.

A saída será ás 09:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 7 de novembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.

Etiquetas:
27/10/2024

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 10 de novembro, domingo, a ruta de Cabo Prior a Lavacerido, na provincia da Coruña. A saída desde Foz será ás 07:00 horas e ás 07:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 6 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e destaca que é “una bonita ruta por la Costa Ártabra, zona de Ferrol; son 13 kilómetros cómodos de caminar...

leer más
25/10/2024

O colectivo Os Correcamiños 4x4, de Foz, organiza a décimo novena edición da Rota Montes da Mariña para vehículos todoterreo. Haberá actividades desde o venres 1 ata o domingo 3 de novembro.

Para o venres están programadas estas actividades: recepción de participantes, verificación de documentacións e entrega de dorsais, briefing de benvida con unha pinchada e proxección do vídeo da ruta.

O sábado desenvolverase a ruta turística Montes da Mariña, duns 100 quilómetros con múltiples especiais de diferente dificultade, todas elas vixiadas pola organización e alternativa segura. Haberá café de campaña, comida (picnic) para os participantes e habilitarase un punto do percorrido en caso de previsión de mal tempo. E rematará a xornada cunha cea de grupo.

E o domingo no circuíto Os Correcamiños 4x4 haberá probas de...

leer más
24/10/2024

En vista do interese por participar nesta actividade, o Concello de Barreiros modifica as bases das Escolas Deportivas Municipais para que a rapazada de 13 e 14 anos tamén se poida anotar en skate. O inicio da actividade está previsto para o xoves 7 de novembro e impartirase todos os xoves de 16:00 a 17:15 horas no pavillón do CEIP San Miguel de Reinante.

“As persoas interesadas podedes inscribirvos nas oficinas do Concello, onde se vos facilitará a folla de inscrición ou tamén través da sede electrónica municipal ata cubrir as prazas”, explica o Concello de Barreiros.

Etiquetas:
22/10/2024

Ribadeo acollerá a vindeira fin de semana o Norteo, o I Torneo de Baloncesto Interautonómico de Veteranas, que organizan as Federacións Galega e Asturiana de Baloncesto e coa colaboración do Concello de Ribadeo e CB Ribadeo. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “os  vindeiros 26 e 27 de outubro Ribadeo vivirá en primeira persoa a estrea dunha cita na que xogadoras veteranas, chegadas de Asturias e da propia Galicia, abrirán a temporada desfrutando do deporte, da confraternización e amosando os valores do baloncesto máis alá da pista”. 

E sinalou que “cinco equipos galegos e tres asturianos protagonizarán dúas xornadas ben completas, cun total de 12 encontros repartidos entre o pavillón polideportivo e o pavillón de deportes. Os encontros terán lugar o sábado 26 en horario de mañá (11:00 e...

leer más
20/10/2024

Segundo informan desde o Concello ata o 30 de xuño o horario de inverno do ximnasio municipal será o seguinte: luns, mércores e venres de 10 a 13 horas; e de luns a venres de 18 a 22 horas. 

O ximnasio municipal está situado na Avenida Deputación, 3 (fronte ao pavillón polideportivo municipal). 

 

18/10/2024

O colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, anuncia que o día 10 de novembro, domingo, disputarase a sexta edición da Carreira Ao Son do Masma, a última do Circuíto +Kms Barreiros. As actividades empezarán ás 10:30 horas co inicio dunha andaina, ás 11:00 empezarán as carreiras dos nen@s e ás 12 do mediodía será a saída da carreira de absolut@s.

“Xa descansados do inigualable VIII Trail Monte Comado, agora toca rematar cunha carreira máis tranquila nun entorno relaxado como é Río Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos”, explica Ollomao.

As inscricións están abertas en www....

leer más
17/10/2024

O club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza a décimo terceira edición do Aberto do Ferro este domingo, día 20 de outubro, desde as 11 da mañá no Campo da Mina.

“Lembrade que este vindeiro domingo día 20 , volta a Liga Nacional de Billarda á Pontenova. Agardámosvos no Campo da Mina para disputar o XIII Aberto do Ferro . Se queredes formar parte desta tolemia indíxena non faltedes á cita. Se queredes participar tedes que estar alí antes das 11:00 horas. Atrévete a probar!”, anuncia o club Troitas Bravas.