
Este sábado, día 5 de xullo, o Concello de Xove xunto con Sportskids organizan unha das probas da Copa de Galicia Pumptrack 2025.
“Este ano é puntuable para o ranking nacional da Real Federación Española de Ciclismo e non deixará indiferente a ninguén”, destaca o Concello de Xove, que engade: “o Pumptrack de Xove é dos máis punteiros de Galicia e actualmente está entre os 3 favoritos de todos os riders galegos”.
O Concello de Xove “un ano máis aposta por esta modalidade de ciclismo e por traer xente de toda España e Portugal” e agarda que “todos os ciclistas que se desprazarán para a proba, de toda a xeografía española e portuguesa, gocen dun gran evento.
A proba poderá ser seguida en vivo a través de Youtube.