Deportes
La primera edición del Torneo de Petanca Concello de Foz se disputará el día 6 de octubre, domingo, en las pistas del parque Uxío Novoneyra, en la villa focense.
Está organizado por el Club Petanca Foz con la colaboración del Concello.
Las personas interesadas en más información sobre este evento pueden contactar con los organizadores a través de los teléfonos 669.915.169 o 638.201.592.
O Concello de Cervo e o CD San Ciprián, xunto a un grupo de veciños afeccionados ao pádel, organizan o V Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 1 ao 6 de outubro, ambos incluídos.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 29 de setembro no teléfono 639.05. 40.15 (Fran) ou a través da plataforma Mis Torneos Online.
Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta, ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 20 euros nunha categoría e de 28 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo para os mellores clasificados, e haberá cadro de consolación tamén en todas as categorías.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o concelleiro Alfredo Fernández, achegáronse ata o complexo...
leer másO Concello de Alfoz informa á veciñanza da apertura do prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais nas modalidades de patinaxe e atletismo e as Actividades Deportivas para Adultos, que se abrirá do 20 ao 27 de setembro. Este programa ofrece unha variada oferta de actividades destinadas a promover a práctica deportiva entre persoas de todas as idades.
As modalidades dispoñibles inclúen :patinaxe e atletismo, dirixidas aos máis novos e as Actividades Deportivas para adultos, como ximnasia de mantemento, aerobic, ioga e pilates. Destaca a actividade de pilates, que foi unha novidade da tempada pasada e que, debido á alta demanda da veciñanza, ampliará o seu horario nesta, ofrecendo unha hora adicional.
Con estas iniciativas, o Concello de Alfoz asegura que “reafirma o seu compromiso coa promoción do deporte e o benestar físico, fomentando un estilo de vida...
leer másO Concello de Barreiros abriu este mércores, 18 de setembro, o prazo para matricularse nas actividades deportivas ofertadas desde as Escolas Deportivas Municipais (EDM) de persoas adultas (maiores de 16 anos) para a tempada 2024-2025. O período de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro e as actividades comezarán o 30 deste mes.
Haberá estas actividades: espalda saudable, ximnasia de mantemento, ioga suave e intenso, zumba, pilates e baile.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición no rexistro municipal do Concello de Barreiros. No caso de que o número de inscricións supere ao de prazas dispoñibles, terán preferencia as persoas empadroadas en Barreiros.
O Concello de Viveiro e a Asociación Deportiva e Cultural Alboi Viveiro presentaron o Trail Penedo do Galo, que terá lugar este domingo, día 22 de setembro.
Na presentación participaron o presidente da asociación Alboi, Alfredo Navarro Palmeiro; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez. A ACD Alboi organiza a competición co apoio do Concello e de Protección Civil.
O Trail Penedo do Galo 2024 realizará un percorrido circular en diferentes modalidades, con saída e chegada na Praza do Concello.
Para máis información as persoas interesadas no evento poderán contactar coa asociación Alboi a través do número 603.34.89.37, do correo electrónico alboiadc@gmail.com e das súas redes sociais.
Cervo será o escenario da II mini btt medela mtb o domingo 29 de setembro a partir das 10:00 horas.
Este evento federado desenvolverase nun circuíto que foi deseñado e trazado nunha parcela municipal do Polígono de Cuíña que lle foi cedida ao club Medela MTB para o desenvolvemento da súa actividade.
A cita deportiva, organizada por este club de ciclismo coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés e polo presidente de Medela MTB, David Riera, que estiveron acompañados por un grupo de rapaces que integran o club nas súa categoría base, e que tamén competirán na cita prevista para finais deste mes.
Os participantes xa se poden inscribir ata o 26 de setembro na web da Federación Galega de Ciclismo nas categorías Promesa Fem., Promesa B, Promesa...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de rutas na Cueta, que está na comarca leonesa da Babia, do venres 27 ao domingo 29 de setembro.
O sábado 28 farán a ruta Fuentes del Sil e o domingo 29, un percorrido polo entorno da Cueta.
A saída será o venres 27 ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 23 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54. O prezo é de 150 euros para os socios do colectivo organizador e de 175 euros para os que non o son.
No vindeiro mes de outubro comezará un novo curso, o da tempada 2024/2025, das Escolas Deportivas Municipais de Foz, que son para nenos e nenas nados/as entre os anos 2008 e 2020. Anúnciao a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz.
Contarán con: patinaxe, ximnasia rítmica, kickboxing, teatro, tenis, coreodance kids, cerámica e multideporte.
Esta fin de semana, sábado 14 e domingo 15 de setembro, celebrarase a quinta edición das Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro, no campo de fútbol de Celeiro.
O Concello de Viveiro anuncia que “o recinto abrirá ambas xornadas a partir das 9:00 do sábado 14 de setembro e do domingo 15 de setembro, contando con diversas actividades ao longo de todo o día”.
O evento está organizado pola Asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Hípica Gallega e Rilo, ademais de polo Concello de Viveiro. Haberá miles de euros en premios.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que "con esta 5ª edición as Carreiras de Cabalos consolídanse como un evento deportivo clave en Viveiro, co que temos a gran honra de colaborar".
As Escolas Deportivas de Lourenzá e o Concello organizan a décimo cuarta edición da Carreira Popular Val das Fabas que se celebrará o 28 de setembro.
Ás 17:00 horas terá lugar a saída das categorías menores e ás 18:00 a da proba absoluta cun percorrido de 6.330 metros. Haberá trofeos para todas as categorías e de regalo unha camiseta técnica.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición en championchipnorte.com ata o 24 de setembro.
Coorganiza esta proba a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia-Deporte Galego co patrocinio da Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega e CCNorte Sports.