Deportes
O pavillón da rúa Alfredo Deaño acollerá o vindeiro domingo, 2 de febreiro, desde as 11 da mañá unha xornada da liga autonómica benxamín de hockei liña, que contará coa participación de equipos de A Coruña (Brigantium), Lugo (Meigas e Lóstregos), Asturias (Guajes) e Ribadeo (Os Trasnos).
A cita está organizada polo Club de Hockey Isla Pancha. Colaboran: Concello de Ribadeo, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia e Deporte Galego.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “van participar 70 xogadores procedentes de varios puntos de España. O torneo vaise disputar nas modalidades de individual, dobres e dobres mixtos. Dará comezo ás 9:30 horas e rematará cara as oito da tarde coa entrega de trofeos”.
Silvent subliñou que “é un Máster puntuable para o circuíto nacional de bádminton”.
O edil ribadense dixo que “Ribadeo aumenta as súas modalidades deportivas locais. Consideramos que para os amantes do bádminton é un aliciente poder presenciar un evento destas características na nosa vila, xa que estamos a falar dun Máster a nivel nacional”.
Colaboran co Club de Bádminton da Mariña o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 9 de febreiro, domingo, unha ruta pola Serra do Edramo, no municipio de Samos. A saída desde Foz será ás 07:00 horas e ás 07:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 4 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e destaca: “haremos parte de la ruta de la Sierra del Edramo, en concreto caminaremos 9 kilómetros, para después...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza a Ruta Fluvial do Río Parga, por Guitiriz, o vindeiro domingo, 26 de xaneiro. O percorrido, de 12 quilómetros, é de dificultade baixa. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
A saída terá lugar ás 8 da mañá desde a estación de autobuses de Burela. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros (inclúe autobús, comida e seguro).
As persoas interesadas en participar poden anotarse no grupo de whatsapp de Pasada das Cabras, ou nos seguintes números de teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do 23 de xaneiro.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 25 de xaneiro, sábado, un percorrido pola ruta do Camiño Natural do Cantábrico, concretamente no tramo desde a praia da Abrela, no Vicedo, ata o porto de Celeiro (Viveiro). A distancia a percorrer son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Covas.
A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 23 de xaneiro, chamando aos teléfonos 619.75.17.04 (Fina) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
Ribadeo acollerá o vindeiro sábado, 11 de xaneiro, unha xornada la liga prebenxamín de hockey liña. Será a partir das 11 da mañá no pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño.
Organiza o Club de Hockey Isla Pancha. Colaboran: Concello de Ribadeo, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia e Deporte Galego.
A segunda edición da andaina Burela en Marcha Contra o Cancro celebrarase o día 2 de febreiro, domingo, con saída ás 11:00 horas dende a Praza da Mariña e o percorrido será ata a praia da Marosa, ida e volta.
Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que “o prezo da inscrición con camiseta son 10 euros. Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, coa achega que ti elixas”.
Os Sendeiros de Foz iniciarán as súas andainas de 1025 o vindeiro 19 de xaneiro coa Ruta da Auga, en Guitiriz.
A saída está prevista para as 8 da mañá de Foz, a carón de Cenor Belianorte, e de Ferreira ás 8:15 horas. O prazo para anotarse está aberto ata o 15 de xaneiro. As persoas interesadas poden facelo nos teléfonos: 606 71 84 82 ou 670 36 90 17 ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es
O prezo para os socios federados será de 40 euros, para os non federados de 45 euros e para os socios temporais 50 euros. Está incluído o xantar. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A dificultade da ruta, segundo a organización, é fácil.
Os Sendeiros contan coa colaboración do Concello de Foz.
O domingo 12 de xaneiro de 2025 a partir das 10:30 horas terá lugar a carreira de Reis, evento deportivo que está organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros. Colaboran: Protección Civil de Barreiros, A.D. Augas Santas, Colectivo Cultural Ollomao e A.D Praias de Comado. Todas as probas terán a saída nas inmediacións do centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 9 de xaneiro nas web www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com.
A segunda edición do Torneo de Reis de Baloncesto Infantil Concello de Burela disputarase os días 3 e 4 de xaneiro, este venres e sábado.
O Concello de Burela anuncia: “non perdas esta cita imprescindible para desfrutar do baloncesto infantil en categorías masculina e feminina. Non faltes! Comeza o ano con deporte, emoción e moita enerxía!”.