Deportes
O domingo 1 de setembro celebrarase no Campo Municipal de Alfoz unha festa para presentar a nova tempada futbolística.
A apertura de portas do evento será ás 14 horas e haberá unha sesión vermú coa actuación musical de Carta de Ajuste, coas súas versións de temas dos anos 80 e 90. Ao remate seguirá o DJ local Julián Gómez.
Ás 18 horas a festa seguirá dentro do térreo de xogo, cun partido amigable do CD Alfoz ante o CD San Ciprián.
O día 30 de agosto, venres, volve o Torneo Celtas Praias de Foz, coa oportunidade de ver por primeira vez esta pretempada ao Club Baloncesto Río Breogán, de ACB, que se enfrontará a un equipo da máxima categoría inglesa, o Surrey Scorchers. Será ás 19:00 horas no pavillón Torques de Marzán.
As entradas están á venda desde este xoves, 22 de agosto, na tenda Megabyte Informática, da vila focega.
O 7 de setembro de 2024 celebrarase a III Baixada de Carrilanas Concello de Riotorto, puntuable para o Campionato de España de Deportes de Inercia. O evento está organizado polo Concello de Riotorto e Carrilanas Os Meiregos.
A cita, que será puntuable para a Copa Galicia e Copa de España 2024, terá lugar no seguinte horario: as verificacións realizaranse de 11:00 a 12:30 horas e a carreira desputarase entre as 15:30 e as 19:00 horas.
Os corredores competirán por premios para os tres mellores de cada categoría, así como no Scratch xeral. Para facilitar a participación, habilitarase un pavillón con servizo de duchas e baños para acampada, dispoñible desde o venres ata o domingo. Os menores de idade deberán enviar previamente a “Autorización menores 2024” ao organizador da carreira a través do correo electrónico...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras convoca a todos os afeccionados ao sendeirismo a participar na ruta nocturna entre Fazouro e Burela, que terá lugar o vindeiro sábado, 24 de agosto.
A actividade comezará coa saída en tren desde a estación de Burela ás 21:40 horas, en dirección á de Fazouro. Unha vez alí, os participantes emprenderán o camiño de volta a pé ata Burela, nunha ruta de 10 quilómetros de dificultade baixa.
O prezo para participar é de 5 euros, e inclúe a viaxe en tren e unha chocolatada á chegada, que se servirá na cafetería Boas Migas. Para garantir a seguridade dos sendeiristas recomendase levar chaleco reflector e lanterna.
As inscricións pódense realizar no grupo de WhatsApp da asociación ou a través dos números 666609875 e 676023177, antes do xoves...
leer másDesde o martes 20 ata o xoves 22 de agosto disputarase en Foz un torneo de baloncesto 3x3 sub dentro do programa de actividades denominado As Noites, organizado polo Concello de Foz. Será no Campo da Cabana desde as 22 horas e poden participar os maiores de 10 anos.
O prazo de inscrición para participar remata ás 14 horas deste martes, día 20 de agosto.
A décimo primeira edición do Torneo de Padel San Bartolo disputarase en Xove desde o día 21 ata o 30 de agosto.
Haberá competicións en categorías sub 12 e sub 16 os días 21, 23, 28 e 30 de agosto, mentres que nas categorías masculina, feminina e mixta os partidos serán do 24 ao 30 de agosto. Repartiranse premios en material deportivo por valor de 1.500 euros.
As persoas interesadas en inscribirse para participar e máis información deben dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, que ten o teléfono 982.57.18.16.
No acto de presentación deste evento deportivo participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.
O pavillón municipal de Ribadeo acollerá o vindeiro 25 de agosto un partido de fútbol sala feminino a beneficio da asociación Charcot Marie Tooth España.
O encontro será disputado polo Burela FSF e o Praias de Barreiros CD ás 18:00 horas. O prezo da entrada será de 3 euros. Atópanse á venda anticipada en Mayva Estétida e Galipizza en Ribadeo e tamén no bar A Ribeira en Barreiros.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos a carón de quen precise da nosa axuda e colaboración. Nesta vila temos unha veciña de 9 anos que padece esta enfermidade, que lle foi diagnosticada hai uns meses, e pareceunos unha moi boa iniciativa realizar en evento benéfico para darlle visibilidade e para recadar fondos que vaian destinados á investigación”.
... leer másA primeira edición do Trofeo Feiraco terá lugar o vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 18:30 horas no Campo Municipal Pepe Barrera.
O Ribadeo FC e o Viveiro CF xogarán este trofeo, que será o último partido de preparación como locais para os ribadenses antes de iniciar a competición.
A entrada será gratuíta.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega á Ría de Viveiro a cuarta regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola área de deportes coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. A proba, que se celebra este domingo 18 de agosto, está organizada polo Club de Piragüismo de Viveiro.
Na proba competirán 220 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas faranse de forma escalonada e por categorías a partir das 16.00 horas e ata as 20.00 horas, que se realizará a entrega de medallas.
O deputado de Mocidade Daniel García convidou ás afeccionadas e afeccionados a seguir a regata incluída...
leer másBurela acolle este xoves, día 15 de agosto, unha actividade de surfskate organizada polo Burela Surf Club na Praza do Concello.
Tratase dunha actividade gratuíta dirixida a maiores de 12 anos, que consiste nunha simulación dos movementos do surf tradicional no asfalto. Desenvolverase entre as 16:30 e as 19:00 horas.
O presidente de Burela Surf Club, Iván Penelo, sinala que o surfskate “axuda a ter un maior control e axilidade, para logo poñer ditos movementos en práctica na auga. Ademais serve para desprazarse polas rúas como se foses surfeándoas. Se queredes comezar a surfear o asfalto non vos perdades esta actividade, o voso primeiro tubo será na praza do Concello de Burela”.
Esta actividade encádrase no proxecto Ondas Limpas do Concello de Burela, financiado polo GALP A Mariña Ortegal...
leer más