Deportes
O pavillón municipal de Ribadeo acollerá o vindeiro 25 de agosto un partido de fútbol sala feminino a beneficio da asociación Charcot Marie Tooth España.
O encontro será disputado polo Burela FSF e o Praias de Barreiros CD ás 18:00 horas. O prezo da entrada será de 3 euros. Atópanse á venda anticipada en Mayva Estétida e Galipizza en Ribadeo e tamén no bar A Ribeira en Barreiros.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos a carón de quen precise da nosa axuda e colaboración. Nesta vila temos unha veciña de 9 anos que padece esta enfermidade, que lle foi diagnosticada hai uns meses, e pareceunos unha moi boa iniciativa realizar en evento benéfico para darlle visibilidade e para recadar fondos que vaian destinados á investigación”.
... leer másA primeira edición do Trofeo Feiraco terá lugar o vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 18:30 horas no Campo Municipal Pepe Barrera.
O Ribadeo FC e o Viveiro CF xogarán este trofeo, que será o último partido de preparación como locais para os ribadenses antes de iniciar a competición.
A entrada será gratuíta.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega á Ría de Viveiro a cuarta regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola área de deportes coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. A proba, que se celebra este domingo 18 de agosto, está organizada polo Club de Piragüismo de Viveiro.
Na proba competirán 220 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas faranse de forma escalonada e por categorías a partir das 16.00 horas e ata as 20.00 horas, que se realizará a entrega de medallas.
O deputado de Mocidade Daniel García convidou ás afeccionadas e afeccionados a seguir a regata incluída...
leer másBurela acolle este xoves, día 15 de agosto, unha actividade de surfskate organizada polo Burela Surf Club na Praza do Concello.
Tratase dunha actividade gratuíta dirixida a maiores de 12 anos, que consiste nunha simulación dos movementos do surf tradicional no asfalto. Desenvolverase entre as 16:30 e as 19:00 horas.
O presidente de Burela Surf Club, Iván Penelo, sinala que o surfskate “axuda a ter un maior control e axilidade, para logo poñer ditos movementos en práctica na auga. Ademais serve para desprazarse polas rúas como se foses surfeándoas. Se queredes comezar a surfear o asfalto non vos perdades esta actividade, o voso primeiro tubo será na praza do Concello de Burela”.
Esta actividade encádrase no proxecto Ondas Limpas do Concello de Burela, financiado polo GALP A Mariña Ortegal...
leer másO skatepark do Concello de Ribadeo acollerá do 16 de agosto ao 15 de setembro Noites de Skate. A actividade está organizada por Aloha Natura Escola de Skate da Mariña.
As sesións están dirixidas ao público en xeral, xoves e adultos, que teñen inquietude pola práctica do skateboarding por primeira vez ou que desexen mellorar as súas habilidades.
Os venres e os sábados haberá dúas clases de hora e media de duración, cada unha. Serán en horario de 19:30 a 21:00 horas e de 21:00 a 22:30 horas.
Cada clase de skate semanal terá un custe de 10 euros. Para os participantes que empreguen o seu propio skateboard de alta calidade e as súas propias proteccións a tarifa será de 7 euros.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 622 567 808 ou ao...
leer másO Concello de Burela organiza un torneo 3x3 de fútbol os días 20 e 21 de agosto, martes e mércores, na Praza da Mariña a partir das 19:30 horas.
Haberá 4 categorías: sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16. As inscricións deben facerse na Casa da Xuventude ata o día 19 de agosto, de 9 a 14 horas.
O Concello de Burela destaca que “hai previsión dun gran número de equipos participantes”.
Las instalaciones del Club de Tiro San Roque, de Viveiro, acogerán competiciones el jueves 15 y el sábado 17 de agosto.
El día 15 se disputará la XLVI Gran Tirada Concello de Viveiro y el sábado 17 tendrá lugar la cuarta Copa Deputación de Lugo de tiro olímpico.
Socias y socios de la pasada temporada del Pescados Rubén Burela FS ya pueden renovar sus abonos para la temporada 24-25 y elegir su asiento favorito.
Para conservar el asento de la temporada 23-24 el prazo finaliza el 19 de agosto.
A partir del 20 de agosto los asientos no renovados quedan liberados.
Más información sobre cuotas, precio entradas, días del club... en el siguiente enlace: https://burelafs.org/gl/o-club/socios/
Enlace para renovar el abono: https://app.cluber.es/clubes/18e225bc917ef0c07cc1eaa25747338de7db771f/al...
A partir del 22 de agosto comenzará la campaña de nuevas altas.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo Xefe Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Cadramón, e polo Delegado responsable da Federación Galega de Atletismo, Pablo Gandoy nas propias instalacións que acollerán unha proba na que se darán cita tres atletas olímpicos, que chegan directos de París: Adrián Ben, Óscar Husillos e Iñaki Cañal.
As inscricións son de balde e realizaranse a través da web https://sdp.rfea.es/ ata este venres 9 de agosto ás 22:00 horas. Pode participar calquera atleta federado; e nas probas de elite só poderán participar aqueles con licenza nacional en vigor.
A alcaldesa amosou a súa ledicia por poder ser Cervo o escenario desta competición que reunirá a estes cracks do atletismo nunha proba na que as expectativas son elevadas, dado...
leer másA Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza o II Día da Bicicleta, que se desenvolverá o 17 de agosto.
A saída está prevista para as 17:00 horas A recepción de inscritos e de camisetas de 16:00 a 17:00 horas.
Haberá unha ruta familiar, para nen@s menores de 12 anos, acompañados dun adulto responsable.
Desde a Delegación de Deportes explican: “local social Concepción Arenal (antigo Matadoiro) e explanada para a saída da ruta. Avituallamento a metade de ruta. Sorteo de material deportivo ao final da Ruta”.
Inscrición previa nas oficinas da Casa da Cultura de 9:00 a 13:30 ata o venres 16 de agosto.