Viveiro será escenario do Torneo Provincial Xogade 2025 de Xadrez este sábado, 10 de maio

O Torneo Provincial Xogade 2025 de xadrez celebrarase este sábado, día 10 de maio, a partir das dez da mañá, no Espazo Xove de Viveiro. Organizado polo Club de Xadrez San Roque, de Viveiro, en colaboración co Concello e co Espazo Xove, contará coa participación de 16 equipos. A competición levarase a cabo en catro roldas, nas que un total de 64 rapaces e rapazas xogarán de xeito simultáneo.

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, sinalou que “para o Concello de Viveiro sempre é unha honra recibir a deportistas. Neste campionato provincial achegarémonos a unha modalidade que promove a convivencia e a estratexia, dous valores imprescindibles da nosa mocidade”.