Ribadeo acollerá o 10 de maio o Campionato Provincial Escolar de Bádminton

O evento terá lugar no pavillón da Avenida de Luarca a partir das 16:00 horas. 

A cita está organizada polo Concellería de Deportes e Mocidade, o club A Mariña Bádminton  e a Xunta de Galicia. 

As entidades participantes son: Club Monstruíños Lugo, ED Pastoriza, EDM Meira, ACD Xove, Viveiro, CPI de Friol, ED Chantada, ED Taboada, ED Portomarín e ED Paradela. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “unha fin de semana máis Ribadeo convértese no epicentro deportivo da provincia de Lugo acollendo este Campionato Escolar de Bádminton, que traerá a 120 nenos e nenas e ás súas familias á nosa vila, na que ademais da práctica deportiva poderán gozar dos atractivos turísticos deste concello”.

Na presentación do Campionato Provincial Escolar de Bádminton participaron o alcalde, Dani Vega, o o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e  José Ramón Álvarez, directivo de A Mariña Bádminton.