Deportes

Etiquetas:
24/09/2023

A asociación cultural e xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza para o día 15 de outubro, domingo, unha andaina pola Fraga das Lerias, continuando polo Canal dos Canoura e rematando no curro de Santo Tomé.

É un ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a organización recomenda levar botas de montaña.

A saída será desde a Casa do Concello de Alfoz ás 09:30 horas, haberá servizo de autobús gratuíto e a ruta comezará ás 10:00 horas. Ao final da andaina os participantes degustarán un aperitivo.

A data límite para anotarse é o domingo 8 de outubro e as inscricións poden facerse a través dos teléfonos 603.895.753 ou 617.299.798.

Para a organización desta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz.

 

Etiquetas:
22/09/2023

A sétima edición do Trail Monte Comado, de Barreiros, será o día 15 de outubro, domingo. Haberá dúas categorías: 12 quilómetros e 26 quilómetros. A saída e a meta estará na praza do Souto, en San Miguel de Reinante.

A inscrición realizase a través das páxinas web: http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/, https://maiskmsbarreiros.gal/ e https://ccnorte.com/. O prazo estará aberto ata o 12 de outubro de 2023 ás 23:59 horas.

Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.

Os interesados en participar poden...

leer más
Etiquetas:
22/09/2023

O programa de actividades ‘Xove ponte en forma’ empeza o 2 de outubro, luns. Inclúe ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e ximnasia na auga para maiores.

A ximnasia de mantemento será os luns de 11:30 a 12:15 horas e os venres de 10:30 a 11:15 horas.

A actividade de aerobic & full body desenvolverase os luns e mércores de 10:30 a 11:15 horas.

Haberá dous grupos de pilates: un será os martes e xoves de 10:30 a 11:15 horas e o outro realizará a actividade os mesmos días de 11:30 a 12:15 horas.

E a ximnasia na auga para maiores desenvolverase os mércores e venres de 11:30 a 12:15 horas.

A inscrición debe facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove e o prazo remata o 28 de setembro.

 

Etiquetas:
22/09/2023

A décimo oitava edición da Rota Montes da Mariña, que organiza o Club Os Correcamiños 4x4, de Foz, celebrarse do venres 27 ao domingo 29 de outubro.

Para participar neste evento de quads, motos e coches todoterreo abrirase a inscrición o día 1 de outubro. En edicións anteriores cubríronse as todas as prazas con asistentes de diferentes lugares de España e Portugal.

Pódese contactar coa organización a través dos teléfonos 696.564.539, 645.090.087 e 628.815.983 e do correo electrónico rutafozoscorrecaminos4x4@gmail.com.

Etiquetas:
21/09/2023

A Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz organiza a Festa da Bicicleta Solidaria este domingo, 24 de setembro.

A actividade empezará ás 11:30 horas no parque municipal de tráfico. Haberá agasallos para todas e todos os participantes e sortearanse tres vales de 200 euros.

Para participar hai que aportar un quilo de alimentos. A inscrición está aberta ata o 22 de setembro a través do correo electrónico bici@concellodefoz.es.

 

20/09/2023

Co fin de continuar na senda de ofertar actividades deportivas a crianzas e maiores para potenciar os hábitos de vida saudables e activos, o Concello de Barreiros vén de programar unha serie de actividades encadradas dentro das Escolas Deportivas Municipais para este período 2023-2024.

ACTIVIDADES PARA MAIORES (+16 ANOS)
- Ximnasia de Mantemento
- Espalda saudable
- Ioga
- GAP
- Zumba

ACTIVIDADES PARA MENORES
- Atletismo
- Patinaxe
- Fútbol sala
- Surf
- Natación
- Kárate

O venres 22 publicarase toda a información das escolas para menores na web municipal. O período de inscrición nas escolas deportivas dos menores abrirase o 25 de setembro. 
E o luns 25 haberá unha reunión informativa á que se poden achegar todas...

leer más
Etiquetas:
20/09/2023

Trátase de actividades para nenos e nenas nados entre 2011 e 2018

As escolas deportivas do Concello de Burela organizan neste curso escolar 2023/24 rutas en bicicleta, tenis e patinaxe lúdico para nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2018.

As rutas en bicicleta serán os luns e mércores de 15:30 a 17:00 horas, guiadas por un monitor para recorrer e coñecer o concello. O punto de partida será a praza do concello. As clases de tenis, os martes de 15:30 a 16:30 horas no pavillón dos Castros, onde tamén serán as clases de patinaxe lúdico os xoves de 15:30 a 17:30 horas.

“Tres actividades de deporte e lecer para fomentar os hábitos de vida saudables entre os nenos e nenas”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez. 

As cotas de inscrición son de 6 euros ao...

leer más
Etiquetas:
19/09/2023

Dende a Área de Deportes do Concello de Alfoz organízanse unha serie de actividades para os nenos de 4 a 16 anos: clases de patinaxe os luns a dende as 16:00 ata as 18:00 horas, en dous grupos de 1 hora; e atletismo, que terá lugar os venres de 16:00 a 17:00 horas. Ambas actividades levaranse a cabo no pavillón municipal de Alfoz.

O prazo para inscribirse en calquera destas actividades finalizará o día 25 de setembro, e poderase facer tanto a través da Sede Electrónica como na Oficina de Rexistro, na Casa do Concello. 

 

Etiquetas:
19/09/2023

Ribadeo estrea unha sala de cross na piscina municipal. Conta cunha superficie de 140 metros cadrados e está destinada a adestramentos de alta intensidade. O investimento realizado por BeOne ascende a máis de 216.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo mellora as instalacións da piscina municipal. Vai contar cunha nova sala de cross de 140 metros cadrados  para adestramentos de alta intensidade. Iso o que demostra é que a colaboración coa empresa que está a xestionar a piscina municipal é total e absoluta. Quero agradecer o seu traballo, a súa dedicación e a súa profesionalidade”.

Para o rexedor “investir en deporte é investir en saúde e desde o Concello valoramos positivamente a inversión que fai esta empresa de máis de 216.000 euros  neses 140 metros cadrados que van estar dedicados ó deporte”....

leer más
19/09/2023

O Concello do Valadouro ofrece escolas deportivas municipais para a tempada 2023-24 en dúas modalidades: patinaxe a atletismo. Son para nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º da ESO.

As inscricións poden facerse ata o 25 de setembro na sede electrónica, nas oficinas da Casa da Cultura ou nas Oficinas da Casa do Concello do Valadouro en horario de atención ó público.