
A décimo primeira edición do Torneo de Tenis do Concello de Burela Memorial José Luis Yebra disputarase do 12 ao 27 de xullo nas pistas da Marosa recentemente renovadas.
As categorías dispoñibles son: individual absoluto (con cadro de consolación); dobres absoluto; e individual xóvenes promesas (mínimo dúas categorías).
Os premios consistirán en trofeos e vales de compra para os primeiros e segundos clasificados en todas as categorías individuais, ademais de trofeos para campións e subcampións en dobres.
O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de xullo ás 24:00 horas. Pódese contactar cos organizadores a través dos teléfonos 687.433.380 ou 630.744.347 ou do correo electrónico clubdetenispadelamarosa@outlook.com.
O Concello de Burela tamén anuncia que ao rematar o torneo farase entrega dun recordo conmemorativo á familia de José Luis Yebra polo décimo primeiro aniversario do memorial.