Automobilismo
A Escudería A Pontenova acaba de presentar o cartel da décimo primeira edición da carreira automobilística Subida A Pontenova, que se disputará os días 6 e 7 de xullo deste ano 2024.
É unha proba do Campionato Galego de Montaña e a Federación Galega de Automobilismo destaca que é “unha das carreiras con mellor trazado e seguridade de todo o certame”.
A deputada Mónica Freire participou este mediodía na presentación da novena edición da Subida á Pontenova, que se disputará a vindeira fin de semana nas estradas do concello, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 7.000 euros á organización do evento, a cargo da Escudería APontenova.
A proba, que puntúa para o Campionato Galego de Montaña, conta con 4.8 quilómetros de percorrido pola estrada LU-P-4803, que sae desde a zona do Camiño da Feira da Pontenova cara a Augaxosa (Riotorto). O trazado pasa polas parroquias de Vilameá, Rececende e Santo Estevo, con puntos especialmente atractivos como o paso polas curvas das Cruces e da Picota e por Vilar das Pedras. A organización ofrece servizo de transporte para facilitar a afeccionados e afeccionadas o desprazamento polo percorrido.
A Praza dos...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) está a preparar un seminario permanente, para xuño, sobre o empresario Eduardo Barreiros, no ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento. Ademais Apaga organizará outro seminario, a finais de ano, sobre José Barro, coñecido empresario que impulsou o complexo de Chavín, en Viveiro. Apaga ten programadas tamén varias fins de semana tecnolóxicas de abril a xuño. A primeira delas será este sábado, día 6, en Ribadeo e versará sobre o diagnóstico de avarías en vehículos.
Álvaro Doural, presidente de Apaga, explicou que “continuando co programa formativo que estamos a desenvolver desde o inicio de ano, vai haber un curso de diagnóstico de avarías de vehículos, un curso eminentemente práctico, impartido por Urbano Oliveros, que é un técnico de Coruña. O número de prazas máximo é de...
leer más