Deportes
O día 8 do setembro, luns, abriranse as inscricións para as escolas deportivas municipais de adultos en Barreiros, que comezarán a actividade o 1 de outubro, mércores.
Unha tempada máis o Concello de Barreiros pon en marcha o programa de actividades deportivas para persoas adultas. O prazo de inscrición comeza o luns 8 de setembro e a oferta para esta tempada é: Ximnasia, Ioga suave, Ioga vivo, Pilates, Espalda saudable, Zumba e Baile.
As clases desenvolveranse desde o 1 de outubro de 2025 ata o 28 de maio de 2026, agás a actividade de baile que se estenderá ata o 20 de xuño de 2026.
Pode consultarse toda a información sobre horarios, prezos e inscricións na web municipal:...
leer másA XXXVII Marcha Cicloturista Monte San Roque, de Viveiro, celebrarase o domingo 14 de setembro cun percorrido de arredor de 75 quilómetros que atravesará os concellos de Viveiro, Ourol e Muras. A saída está prevista ás 9.00 horas desde a Praza Maior de Viveiro.
O Concello de Viveiro anuncia que “a proba, de carácter non competitivo, combinará tramos de rodaxe con dous sectores libres nos que os participantes poderán medir forzas, mantendo en todo momento o espírito lúdico e deportivo. O momento culminante chegará coa tradicional subida final ao Monte San Roque. A ruta aposta polas estradas interiores, que permitirán descubrir a riqueza natural e paisaxística da contorna. Haberá...
leer másO Concello do Valadouro, a través da Concellería de Deportes, organiza o III Día da Bicicleta “para promover o deporte e o exercicio moderado e as actividades ao aire libre nunha xornada de convivencia entre veciños, familia, amigos e visitantes ademais de visibilizar a bicicleta como modo de transporte ecolóxico e saudable”. Será o sábado 13 de setembro ás 17:00 horas e a inscrición xa está aberta tanto nas oficinas municipais como nas da Casa da Cultura, ademais de pola sede electrónica do Concello ata o venres 12 de setembro.
Ao final do traxecto sortearanse entre os participantes varios vales dun valor de 100 euros para trocar por material ciclista ademais dun casco para a bicicleta.
Lourenzá acollerá este sábado, día 6 de setembro, desde as 16:30 horas o XVI Campionato de Galicia de Milla en Ruta e Galego de 1.000 metros.
“Lourenzá volve a ser o epicentro das carreiras máis rápidas de Galicia: o Campionato Autonómico de Milla e o Campionato Galego de 1.000 metros. Sábado 6 de setembro a partir das 16:30 horas temos unha cita ineludible. Espectáculo garantido!”, anuncian as Escolas Deportivas Concello de Lourenzá.
As inscricións populares poden facerse a través da web www.carreirasgalegas.com.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o deputado de Mocidade, Daniel García; e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida asistiron esta maña á presentación da 23ª Volta Ciclista a Galicia, que se celebrará do 11 ao 14 de setembro e que disputará a terceira etapa -o 13 de setembro – na comarca da Mariña. Barreiros será o epicentro deste etapa de 147 quilómetros, con saída e meta na Praza do Concello, en San Cosme, e paso por estradas de Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada, con tres portos de segunda categoría -Augaxosa, Fórnea e Monte Comado- e outro de terceira categoría,Marco de Alvare.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa Federación Galega de Ciclismo na organización desta proba que “reúne aos mellores corredores das categorías Élite e Sub-23, que preparan o salto ao ciclismo profesional”.
... leer másEl Torneo Burela Bonita será el partido de presentación a la afición del equipo masculino del Burela FS, encuentro contra el Kuwait FA que se jugará este miércoles, día 3 de septiembre, a las 20:30 horas en el pabellón Vista Alegre con entrada gratuita.
Este lunes frente a la playa urbana de Burela se celebró un acto para presentar el encuentro, al que acudieron por parte del Concello de Burela el concejal de Deportes, Carlos Méndez; el concejal de Turismo, Ramiro Fernández, así como el teniente de alcaldesa, Mario Pillado. Representando al club visitante, el Kuwait FA, participaron el entrenador ferrolano Bruno García acompañado por personal del cuerpo técnico del club kuwaití. Por parte del CD Burela FS acudieron a la cita el presidente José Luis Sáez y los directivos Marcelino Luna y Juan López, además del entrenador David Rial, el...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 14 de setembro unha saída especial a Luarca para participar no Encontro dos Amigos do Club de Luarca G. M. Estoupo, que celebra o seu aniversario.
A actividade inclúe dúas opcións: unha ruta de sendeirismo, de 13 km cunha dificultade media e outra ruta turística, pensada para aquelas persoas que prefiran unha alternativa máis tranquila.
A saída realizarase ás 7:30 h desde Foz (Cenor Belianorte) e ás 7:45 h desde Ferreira.
As persoas interesadas deberán inscribirse antes do domingo 7 de setembro, chamando aos teléfonos 606 718 482 (Laura) ou 670 369 017 (Morís), ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
O prezo da actividade, que inclúe o xantar, é de 50 euros para socios federados, 55...
leer másRibadeo celebrará unha nova edición do Día da Bicicleta este domingo, día 31 de agosto, a partir das 11 horas. A saída será desde a Casa do Concello ata a Illa Pancha e a volta realizarase por Vilaselán e o casco urbano. Ao remate haberá sorteo de agasallos entre os participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a coller a bici o vindeiro domingo e a pedalear todos xuntos. Será unha maneira divertida e saudable de despedir o mes de agosto en Ribadeo”.
A concentración dos participantes a carón do Pazo de Ibáñez está prevista para as 10:30 horas.
O Día da Bicicleta está organizado polo Concello de Ribadeo, conta co patrocinio de Vegalsa e está promovido por La Voz de Galicia. Colaboran: BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, Atleet Ribadeo, Cerezo Bikes, Pillabikes,...
leer másO club de fútbol SD Burela presenta o primeiro equipo para esta tempada 2025-26 cun partido fronte ao Ribadeo FC e pancetada. Será este venres ás 20:00 horas no campo da Marosa, con entrada gratuíta.
Ademais haberá pancetada, a partir das 20:45 horas, a 5 euros cada ración e sortearase un xamón e un abono da SD Burela para esta tempada.
A Delegación de Deportes do Concello de Burela organiza o Día da Bicicleta para este domingo, día 31 de agosto, desde as 11:00 horas na Praza da Mariña.
“Chega o Día da Bici a Burela. Un plan perfecto para desfrutar do deporte, da vila e da familia sobre dúas rodas. Dúas rutas para gozar en familia: infantil, ruta curta máis circuíto na praza; e adultos, ruta longa. Inscricións na Casa da Xuventude (do 26 ao 29 de agosto) ou no correo electrónico actividadesdeportivas@burela.org. Tamén podes inscribirte directamente aquí:...
leer más












