O Concello de Alfoz inscribe do 15 ao 22 de setembro para participar nas actividades deportivas de adultos neste curso

O Concello de Alfoz abre o prazo de inscrición do 15 ao 22 de setembro para participar nas actividades deportivas de adultos deste curso. As persoas interesadas pode apuntarse na sede electrónica ou Oficina de Rexistro do Concello. As prazas son limitadas.

A oferta inclúe: Ximnasia de mantemento (martes e xoves de 18:30 a 19:30  horas no pavillón municipal); Ioga (luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas na Escola de nenos de Adelán); Aerobic (martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas no pavillón municipal); e Pilates (luns de 18:30 a 19:30 e mércores de 20:30 a 21:30 horas Escola de nenos de Adelán, coa opción de un ou dous días).