O Concello de Burela pon en marcha as Escolas Deportivas Municipais desde o 6 de outubro

O Concello de Burela pon en marcha Escolas Deportivas Municipais para este curso 2025-26. Ofrece patinaxe lúdico, rutas en bicicleta e tenis de mesa. O prazo de inscricións estará aberto do 29 de setembro ao 3 de outubro na Casa da Xuventude e as actividades comezarán o día 6 de outubro. O prezo é de 6 euros por actividade.

Ademais o Concello de Burela anuncia que os clubs e asociacións locais ofertarán fútbol, baloncesto, fútbol sala, ximnasia artística, balonmán, tenis, pádel e patinaxe artística.

“O deporte é saúde, comunidade e diversión. Anímate a participar!”, destaca o Concello de Burela.