Encontro
Este mediodía foi presentado no salón de plenos do Concello o X Encontro de Palilleiras que terá lugar o día 13 de maio, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras. Estiveron presentes nesta presentación xunto ao alcalde, Alfredo Llano, os concelleiros de Mar e Cultura, Patricia Otero e José Díaz, respectivamente, así como representantes de Absa, da Confraría de Pescadores e da Fundación Expomar.
Este encontro de palilleiras desenvolverase no porto de Burela onde se inaugurará ás 11:30 horas. Posteriormente procederase a unha degustación de empanada de pescada, que dará comezo ás 12:00 horas, así como unha viaxe ao Monte Castelo e á igrexa de Vila do Medio. Tamén haberá unha actuación de baile e canto tradicional a cargo de Arume.
O horario do X Encontro de Palilleiras será de 10:00 a 13:30 horas, e pola tarde de 16:00 a 19:...
leer másO Concello de Cervo celebrará XIV Encontro de Palilleiras o sábado 1 de abril.
Así o desvelaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada, na presentación do evento, que tivo lugar na Casa do Mar de San Ciprián, onde tamén estiveron presentes mulleres integrantes de diferentes asociacións de palilleiras e bolillos da localidade.
Villares sinalou que se trata dun “evento máis que consodidado en Cervo, que cada ano atrae a milleiros de visitantes ao noso Concello, que se convirte esa fin de semana na capital deste arte, unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva con encontros como o que levamos celebrando durante 14 anos en San Ciprián”.
Así, -engadiu- “estimamos que serán máis de 700 as palilleiras as que se achegarán ata Cervo ese día...
leer más












