Xove

17/03/2026

O Concello de Xove volve poñer a disposición das familias o servizo de conciliación por Semana Santa, dirixido a nenas e nenos de 3 a 10 anos.

“Unha oportunidade para facilitar a conciliación familiar e laboral durante estas datas, cun espazo de lecer, convivencia e actividades adaptadas ás crianzas”, anuncia o Concello de Xove.

As prazas son limitadas e as inscricións están abertas ata este sábado, 21 de marzo, a través da Sede Electrónica ou na OMIX do Concello de Xove.

 

Etiquetas:
13/03/2026

O XXXV Curso de Formación Orquestral de Xove, que será do 28 de marzo ao 1 de abril, aposta polo proxecto Xente Miúda. Está organizado pola asociación Prestoxove e conta co patrocinio do Concello de Xove.

Nesta edición participarán como profesorado convidado Carmen Varela, responsable da sección de violíns; Nara Carballal, á fronte das seccións de violas e violonchelos; Daniel Roca, encargado da sección de vento; e Baruk Domínguez, que traballará co alumnado da sección vocal do proxecto.

O Concello de Xove explica que “a organización do curso mantén unha estrutura semellante á de anos anteriores. As mañás, en horario de 10:30 a 14:00 horas, estarán dedicadas aos ensaios seccionais e xerais de orquestra no colexio de Palmeiro. Polas tardes, de 16:00 a 19:00 horas, realizaranse ensaios de música de cámara, así como...

leer más
Etiquetas:
10/03/2026

A Asociación Equina A Medela, de Xove, organiza a súa 27ª Ruta Cabalar este domingo, día 15 de marzo.

As actividades comezarán ás 10:00 horas coa saída desde o Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) e a media ruta haberá pinchos para os participantes. Ás 14:30 horas empezará un xantar na carpa situada no Campo da Igrexa de Sumoas, que estará amenizado por un grupo musical. Tamén haberá sorteo de agasallos entre os asistentes á ruta. Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo está aberto ata este mércores, 11 de marzo.

Nesta actividade colabora o Concello de Xove.

06/03/2026

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, programa unha serie de charlas formativas dentro da programación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para familias e docentes. O 11 de marzo terá lugar a primeira delas: Comunicación consciente e corresponsable; a segunda será o 25 de marzo, sobre Organización, estudos e responsabilidade compartida; e a terceira terá lugar o 8 de abril e tratará sobre o Uso das tecnoloxías e límites conscientes.

“As charlas obradoiro están destinadas a familias e a docentes, e ao longo destas tres sesións, impartidas por dona Luz Campo, docente e coach da empresa Uniser Coaching, ofreceranse ferramentas prácticas para mellorar as dinámicas familiares e educativas,...

leer más
25/02/2026

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade presentou o programa do 8M, que inclúe actividades para os días 8, 11 e 25 de marzo e 8 de abril.

“Os actos comezarán o domingo 8 de marzo coa reivindicativa Andaina pola Muller. Despois a tradicional Chocolatada onde, ademais de merendar, vaise conmemorar ás primeiras mulleres emprendedoras do comercio de Xove, coa asistencia das homenaxeadas e a proxección dun vídeo onde narrarán a súa experiencia como empresarias nunha época na que o mundo dos negocios aínda era un ámbito reservado ós homes. Ademais este ano 2026 desde a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade puxemos especial interese en reivindicar a corresponsabilidade entre homes e mulleres nos...

leer más
Etiquetas:
10/02/2026

Ante a previsión do mal tempo o Concello de Xove segue adiante en manter o seu tradicional desfile de Entroido e traballa nun plan alternativo para garantir a celebración do mesmo no caso que se presente unha tarde de inclemencias meteorolóxicas.

A Concellería de Cultura anuncia que “como cada ano, o Concello está a organizar o desfile de Entroido. Sen embargo e tralos temporais rexistrados recentemente na comarca e ante a previsión de posibles condicións meteorolóxicas adversas, estase a traballar nun plan alternativo que permita garantir a celebración do evento sen necesidade de modificar a data prevista. Esta decisión ten como obxectivo evitar a coincidencia coas celebracións doutros desfiles en concellos próximos, facilitando así a participación da veciñanza e das persoas inscritas sen incidir na organización doutros entroidos da zona...

leer más
28/01/2026

A asociación cultural Saíñas organiza o vindeiro sábado 7 de febreiro a XVII Festa do Lacón, “unha cita xa consolidada para o uso e desfrute de todos os socios, veciñanza e visitantes”, anuncia o Concello de Xove, que explica: “o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Xove, cuxas portas estarán abertas a partir das 20:30 horas, para degustar un delicioso menú completo composto por sopa, lacón, patacas, chourizo, pan, bebida e, como remate, postres variados e chocolatada. Todo isto poderá desfrutarse por un prezo popular de 12 euros, unha cantidade moi accesible coa que cada participante poderá cear e, ao mesmo tempo, colaborar co labor da asociación. A festa estará amenizada con música e baile en directo, ademais de sorteos e karaoke, garantindo unha noite de diversión e boa compañía”.

Desde a asociación cultural Saíñas convídase “a...

leer más
Etiquetas:
28/01/2026

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación especial para o vindeiro Entroido 2026. “As actividades comezarán o 13 de febreiro cun gran baile infantil de disfraces. Pero será o sábado día 14 de febreiro, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o gran desfile de carnaval polas rúas, con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de cinco mil euros para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello de Xove..

As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse na páxina web do Concello de Xove: www.xove.es.

Despois do desfile dará comezo a festa de Entroido no pavillón municipal de deportes, onde se coñecerán ós/ás gañadores/as...

leer más
Etiquetas:
23/01/2026

O CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove cumpre no presente curso 2025-2026 os seus cincuenta anos de vida. O centro comezou a funcionar durante o curso 1975-76, concentrando todas as escolas unitarias do concello distribuídas polas distintas parroquias, agás unha unidade das Gulpilleiras (na Rigueira) e outra de Lago, que se integrarían no colexio entrada a década dos oitenta. O Concello de Xove explica que “a posta en funcionamento do colexio supuxo un cambio radical non só no ensino senón en moitos hábitos sociais da veciñanza, fundamentalmente na poboación escolar. Por este motivo, o centro está a preparar unha serie de actividades para conmemorar este medio século de historia, que se prevén celebrar no mes de maio do presente ano. Para facelas realidade, o colexio solicita a colaboración da veciñanza de todo o concello, así como de persoas de Xove ou...

leer más
Etiquetas:
22/01/2026

A Biblioteca Municipal de Xove organiza o seu tradicional Concurso de Caretas de Entroido, unha iniciativa que “ten como obxectivo fomentar a creatividade e a participación dos máis novos arredor dunha das celebracións máis emblemáticas da nosa cultura popular”. O concurso está aberto a todos os nenos e nenas, rapaces e rapazas de Xove, dende 4º de Educación Infantil ata 4º da ESO, que deberán presentar na biblioteca unha careta relacionada con motivos de Entroido. O prazo está aberto ata o 14 de febreiro.

O Concello de Xove explica que “as caretas poderán realizarse en cartulina, folio ou calquera outro material, sempre que se axeiten aproximadamente ao tamaño dun folio. A técnica a empregar será libre, podendo utilizar debuxo a lapis, rotuladores, ceras, collage ou calquera outra proposta creativa. Co fin de garantir o anonimato na...

leer más