A Asociación Equina A Medela organiza a súa 27ª Ruta Cabalar en Xove este domingo, 15 de marzo

A Asociación Equina A Medela, de Xove, organiza a súa 27ª Ruta Cabalar este domingo, día 15 de marzo.

As actividades comezarán ás 10:00 horas coa saída desde o Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) e a media ruta haberá pinchos para os participantes. Ás 14:30 horas empezará un xantar na carpa situada no Campo da Igrexa de Sumoas, que estará amenizado por un grupo musical. Tamén haberá sorteo de agasallos entre os asistentes á ruta. Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo está aberto ata este mércores, 11 de marzo.

Nesta actividade colabora o Concello de Xove.