Xove
Este martes foi presentada a vixésimo sexta edición da ruta cabalar que vai ter lugar o vindeiro domingo, día 16 de marzo, por diferentes paraxes do concello de Xove e que cada ano organiza a Asociación Equina A Medela. No acto participaron o presidente da asociación, Leandro Quelle, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Gandería e Montes, María Dolores Meitín.
As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha ruta que sairá do campo da igrexa de Sumoas, onde ás 14:30 horas terá lugar un xantar. Tamén haberá sorteo de agasallos.
Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este xoves, 13 de marzo.
A concelleira de Turismo en Xove, Cecilia Duarte Fernández, anuncia: “esta fin de semana, o venres 14, sábado 15 e domingo 16 de marzo, recibiremos en Xove aos socios da AGA (Asociación Galega de Autocaravanas). O pobo estará cheo de autocaravanas, arredor dunhas 150-180, e visitarannos unhas 250 persoas. Irán chegando ao longo da semana, pero a maior afluencia espérase para o venres. Estacionarán os seus vehículos na zona de parking de autocaravanas, no parque novo Pumtrack, na recta de Xove, na subida ao colexio Pedro Caselles Rollán, enfronte do colexio, Campo de fútbol, Nave Almacén do Concello, parking Centro de Saúde e Cuartel da Garda Civil”.
Cecilia Duarte explica tamén que “o sábado realizarán distintas actividades, entre elas a ruta con audioguías da Zona Etnográfica da Baleeira, en Morás, a Ruta das Fadas ou Ruta dos Muiños, na...
leer másO Concello de Xove inicia as actividades do Mes da Muller cunha andaina e chocolatada o día 8 de marzo, sábado.
“En Xove marzo é o Mes da Muller. Así quixemos lematizar este ano á programación de actividades polo Día Internacional da Muller, sendo o noso obxectivo principal seguir avanzando cara a unha sociedade mais igualitaria. Por isto este ano o mes de marzo estará cheo de actividades dirixidas ás mulleres, comezando o día 8, no que terá lugar unha andaina ás 17:00 horas. O punto de saída será o Centro Cívico do Concello. As persoas que desexen participar deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais, de maneira presencial, antes do día 5 de marzo”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “posteriormente, ás 18:30 horas, celebrarase no salón de actos a xa coñecida chocolatada”.
O primeiro duatlón escolar Concello de Xove celebrarase este domingo, día 2 de marzo, desde as 11:00 horas.
É unha proba clasificatoria para a Final Provincial de Duatlón Escolar de Lugo. Está dirixida a deportistas inscritos e inscritas no programa XOGADE, na actividade deportiva escolar de duatlón da provincia de Lugo, das categorías benxamín, alevín e infantil e cadete.
A saída e a meta estará no aparcamento da estación de autobuses de Xove.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación para o vindeiro Entroido. As actividades comezarán o 28 de febreiro, venres, ás 17:30 horas cun baile infantil de disfraces, amenizado por Disco Móbil Conxuro, no pavillón municipal. Pero será o sábado día 1 de marzo, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o desfile de Carnaval polas rúas de Xove, “con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de 5.000 euros en premios para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello. As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse da páxina web do Concello de Xove: www.xove.es. Aqueles que se inscriban antes do 28 de febreiro obterán un agasallo.
Despois do desfile...
leer másO Centro Cívico de Xove acolle desde hoxe e ata o vindeiro 12 febreiro as Xornadas Formativas de Turismo Ornitolóxico, un encontro de carácter gratuíto que ten como obxectivo mellorar as capacitacións para impulsar A Mariña como destino turístico para o estudo e avistamento de aves.
O acto de inauguración contou coa presenza da presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Rocío López; o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita.
Tal como explicou a presidenta da Mancomunidade “esta iniciativa busca ampliar e asentar coñecementos e habilidades arredor do turismo ornitolóxico, un dos grandes activos deste territorio, e a formación é fundamental para contar con persoal con capacidade de atender a demanda tanto do público xeral coma do...
leer másA asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a XVI Festa do Lacón este sábado, día 8 de febreiro, a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.
O evento foi presentado este martes na praza do Concello polo presidente da asociación, Jairo Míguez, xunto á concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e o alcalde, Demetrio Salgueiro.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza a actividade denominada Taller de onde veñen os bebés. Terá lugar o día 8 de febreiro, sábado, ás 11:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos de idade, acompañados por un familiar, e será impartido por María González Cociña (matrona e fundadora do Centro M. de Burela).
Para asistir deberase formalizar inscrición no departamento de Servizos Sociais ata o 5 de febreiro.
A asociación Saiñas, de Xove, organiza un taller de bordado ao aire en Xove para os sábados 22 de febreiro e 8 de marzo. Será en instalacións do Concello de Xove de 16:00 a 20:00 horas.
“Estamos encantad@s de compartir unha nova proposta con vós: un obradoiro de bordado ao aire. Cremos que será unha experiencia única para desfrutar e aprender nun ambiente relaxado e creativo”, explica a asociación Saiñas.
Xove celebrará a décimo sexta edición da Festa do Lacón, organizada pola Asociación Cultural Saiñas, o día 8 de febreiro, sábado. Será a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Xove. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.
“Preparádevos para unha noite chea de sabor, tradición e bo ambiente. O lacón será o protagonista, pero a compañía será o que faga desta, unha celebración única! Música, boa comida e moitas ganas de pasalo ben”, anuncia a Asociación Cultural Saiñas.