Xove
O primeiro duatlón escolar Concello de Xove celebrarase este domingo, día 2 de marzo, desde as 11:00 horas.
É unha proba clasificatoria para a Final Provincial de Duatlón Escolar de Lugo. Está dirixida a deportistas inscritos e inscritas no programa XOGADE, na actividade deportiva escolar de duatlón da provincia de Lugo, das categorías benxamín, alevín e infantil e cadete.
A saída e a meta estará no aparcamento da estación de autobuses de Xove.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación para o vindeiro Entroido. As actividades comezarán o 28 de febreiro, venres, ás 17:30 horas cun baile infantil de disfraces, amenizado por Disco Móbil Conxuro, no pavillón municipal. Pero será o sábado día 1 de marzo, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o desfile de Carnaval polas rúas de Xove, “con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de 5.000 euros en premios para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello. As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse da páxina web do Concello de Xove: www.xove.es. Aqueles que se inscriban antes do 28 de febreiro obterán un agasallo.
Despois do desfile...
leer másO Centro Cívico de Xove acolle desde hoxe e ata o vindeiro 12 febreiro as Xornadas Formativas de Turismo Ornitolóxico, un encontro de carácter gratuíto que ten como obxectivo mellorar as capacitacións para impulsar A Mariña como destino turístico para o estudo e avistamento de aves.
O acto de inauguración contou coa presenza da presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Rocío López; o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita.
Tal como explicou a presidenta da Mancomunidade “esta iniciativa busca ampliar e asentar coñecementos e habilidades arredor do turismo ornitolóxico, un dos grandes activos deste territorio, e a formación é fundamental para contar con persoal con capacidade de atender a demanda tanto do público xeral coma do...
leer másA asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a XVI Festa do Lacón este sábado, día 8 de febreiro, a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.
O evento foi presentado este martes na praza do Concello polo presidente da asociación, Jairo Míguez, xunto á concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e o alcalde, Demetrio Salgueiro.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza a actividade denominada Taller de onde veñen os bebés. Terá lugar o día 8 de febreiro, sábado, ás 11:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos de idade, acompañados por un familiar, e será impartido por María González Cociña (matrona e fundadora do Centro M. de Burela).
Para asistir deberase formalizar inscrición no departamento de Servizos Sociais ata o 5 de febreiro.
A asociación Saiñas, de Xove, organiza un taller de bordado ao aire en Xove para os sábados 22 de febreiro e 8 de marzo. Será en instalacións do Concello de Xove de 16:00 a 20:00 horas.
“Estamos encantad@s de compartir unha nova proposta con vós: un obradoiro de bordado ao aire. Cremos que será unha experiencia única para desfrutar e aprender nun ambiente relaxado e creativo”, explica a asociación Saiñas.
Xove celebrará a décimo sexta edición da Festa do Lacón, organizada pola Asociación Cultural Saiñas, o día 8 de febreiro, sábado. Será a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Xove. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.
“Preparádevos para unha noite chea de sabor, tradición e bo ambiente. O lacón será o protagonista, pero a compañía será o que faga desta, unha celebración única! Música, boa comida e moitas ganas de pasalo ben”, anuncia a Asociación Cultural Saiñas.
Xove terá o Día da Infancia este sábado, 4 de xaneiro, e a Cabalgata de Reis o domingo día 5.
O Departamento de Cultura do Concello de Xove programa numerosas actividades para a infancia esta fin de semana: o sábado celebra o Día da Infancia de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 con xogos acuáticos na piscina municipal e a partir das 16:00 horas con inchables no pavillón municipal de deportes; e o domingo 5 a partir das 19:00 horas as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegan a Xove na tradicional cabalgata, despois de visitar a Residencia San Bartolomeu. Chegarán arredor das 20:00 horas ó pavillón municipal, onde comezará unha festa para nenas e nenos coa animación infantil dunha disco móbil.
Xove albergará un curso de reciclaxe de socorrismo acuático en instalacións os días 11 e 12 de xaneiro, sábado e domingo. Será na Aula de Formación e en instalacións deportivas municipais de Xove.
O Concello de Xove anuncia que o prazo de inscrición está aberto ata o día 9 de xaneiro.
Este luns, día 30 de decembro, presentáronse as primeiras Xornadas de Tecnificación de Bádmintón Escolar A Mariña, que se levarán a cabo no Ceip Pedro Caselles Rollán, de Xove, os días 2 de xaneiro (de 16 a 19 horas) e 3 de xaneiro (de 11 a 14 horas). No acto estiveron Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cristina Iglesias, concelleira de Deportes; José Manuel Blanco, presidente da ACD Xove; e Pedro Esmorís, adestrador e representante da AD San Roque.
Estas xornadas están organizadas pola ACD Xove co patrocinio do Concello de Xove e a colaboración da Xunta de Galicia- Deporte Galego- Xogade, Badminton Galicia e AD San Roque.
A inscrición é gratuita e poderán participar todos aqueles/as deportistas que practican o bádminton ou aqueles que estean interesados no mesmo; o único requisito é estar inscrito dentro do...
leer más