O 23 de maio haberá unha charla coloquio sobre saúde mental en Xove

O venres 23 de maio ás 19:00 horas no Salón de Actos de Xove terá lugar unha charla coloquio organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello e a Asociación Saúde Mental A Mariña, na que intervirán María José Novoa e Sonia Nogueiras.

“Un espazo aberto para reflexionar, compartir e aprender sobre a importancia da saúde mental”, anuncia o Concello de Xove.

A entrada é libre.