Xove
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 11 de outubro, sábado, unha ruta pola costa do municipio de Xove, desde Faro Roncadoira ata Morás. A saída desde Foz será ás 08:30 horas e ás 08:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 5 de outubro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Esta fin de semana -venres 3, sábado 4 e domingo 5 de outubro- vaise celebrar no Cruceiro, na parroquia de Xuances (Xove), a Festa do Ramo, coñecida tamén pola súa cita gastronómica na que enxalzan os callos. E así empeza a programación o venres 3 de outubro, coa XVII Festa dos Callos, acompañados pola orquestra Capitol e disco móbil Conxuro. Continua a festa o sábado coa sesión vermú da man do Grupo JB Son e verbena pola noite co grupo JB Son e disco móbil Conxuro e rematan o domingo cunha sesión vermú prolongada amenizada polo dúo D’Caché.
Na presentación do cartaz destas festas estiveron membros da comisión organizadora pertencentes á Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro, Alejandro Quintas e Rubén e Francisco Sánchez, acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e as concelleiras Tamara Soto e María Dolores Meitín...
leer másO Departamento de Deportes do Concello de Xove organiza a Festa do Deporte para o día 10 de outubro, venres, desde as 20:00 horas no Pavillón Municipal.
“O vindeiro 10 de outubro terá lugar unha xornada de convivencia cos nosos deportistas, recoñecendo o seu esforzo, superación e compromiso. Será un día para compartir, celebrar e apoiar o deporte local”, anuncia o Concello de Xove.
O Concello de Xove, a través da súa Área de Muller e Igualdade, activa o servizo de conciliación Xovesperta, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados no CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán. Este mércores foi presentado o programa e no acto participaron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Educación, María Dolores Meitín; a concelleira de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade; María Tamara Soto; e representantes da directiva da ANPA do CEIP Pedro Caselles Rollán.
O programa desenvolverase durante todo o curso escolar 2025-2026, de luns a venres en días lectivos dende as 7:30 da maña, co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
As inscricións poden formalizarse ata o 25 de setembro na OMIX de Xove ou a través da Sede Electrónica do...
leer másO alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias; e Daniel Alonso, do Club de Bolos Xove, presentaron o Campionato de España Feminino Iberdrola 2025. Disputarase esta fin de semana, sábado 20 e domingo 21 de setembro, na Bolera Municipal de Sumoas.
O Concello de Xove destaca que é “unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas. Citaranse 25 xogadoras das diferentes comunidades autónomas que loitarán polo título nacional nun ambiente cheo de emoción e compañeirismo. Animádevos a vir e apoiar ás nosas deportistas nun evento que leva o nome de Xove por toda España!”.
O departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove anuncia que xa está aberto o prazo, ata o 30 de setembro, para inscribirse no XIV Encontro de Palilleiras Coas nosas mans, que se celebrará o día 4 de outubro, sábado.
“Desde que se abriu o prazo o 1 de setembro xa se anotaron case un centenar de palilleiras de distintas provincias galegas e máis de vinte postos de venda de produtos e de artesanía de Galicia e Asturias. Ata o 30 de setembro poderán seguir inscribíndose; os vendedores e vendedoras só poderán facelo cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a...
leer másO Concello de Xove informa que do 2 ao 30 de setembro de 2025 permanecerá aberto o prazo de solicitude de matrícula para a Escola Municipal de Música de cara ao vindeiro curso 2025-26.
As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de solicitude, que poderá recollerse directamente no Rexistro do Concello ou ben descargarse da páxina web municipal www.xove.es. Unha vez cuberta, poderá entregarse no devandito Rexistro ou a través da Sede Electrónica adxuntando o impreso de solicitude cuberto.
Dado que as prazas son limitadas, dende o Concello recoméndase inscribirse canto antes.
O 6 de outubro publicarase o listado definitivo de persoas admitidas para o curso 2025-26 na Escola Municipal de Música de Xove.
A parroquia de Portocelo, no concello de Xove, preparase para celebrar as súas festas patronais na honra da Nosa Señora, desde este venres, día 5 de setembro, ata o domingo 7.
O Concello de Xove explica que “a comisión organizadora está na man da Asociación de Festexos A Medorra, cuxa dirección está formada por Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña. Nesta ocasión Jordi e Borja, acompañados pola concelleira de Cultura, María Dolores Meitín, fixeron a presentación do cartaz das festas”.
O venres día 5 arrancan a súa programación coa festa do lagostino e do churrasco, a partir das 21:00 horas, e a verbena estará amenizada polo dúo Epo-k e o grupo Da Silva.
O sábado haberá misa solemne, sesión vermú, campionato de bolos pola tarde e verbena desde as 22:30 horas co grupo D Kris, a...
leer másO Concello de Xove, a través da súa Concellería de Medio Ambiente, convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía Medioambiental. Nesta ocasión, o certame ten como protagonista a riqueza natural da costa e do mar de Xove.
O prazo de presentación das fotografías estará aberto ata o 30 de setembro deste 2025. Os traballos poderán entregarse no Rexistro de Entrada de Documentos do Concello ou enviarse por correo postal, facendo constar a data de presentación na oficina de Correos.
As bases completas e a convocatoria están dispoñibles na páxina web oficial do Concello: www.xove.es . Para quen precise máis información, tamén se pode chamar ao teléfono 982 592 001 (Departamento de Medio Ambiente).
Nesta edición establécese unha categoría única con premios...
leer másXove preparase para celebrar as festas patronais na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme os días 28, 29, 30 e 31 de agosto e 1 de setembro.
O Concello anuncia que “estas festas son un dos eventos máis destacados do ano en Xove e o pobo prepárase para festexalas cunha variedade de actividades para tódolos gustos e para tódolos públicos”.
“As festas arrancan co pregón a cargo da farmacéutica titular de Xove, Ana María Boñar Rey, o xoves 28 de agosto e pechan o 1 de setembro co día da infancia, onde os menores poderán gozar dos inchables na praza do Concello. No programa das festas destacan principalmente as actuacións infantís polas mañás para deleite dos máis pequenos, a sardiñada popular para desfrutar na compaña de familiares e amigos e o tradicional festival folclórico da Asociación Cultural Saíñas, que...
leer más












