Xove
O salón de actos do Concello de Xove acollerá a décimo terceira edición do festival folclórico infantil que organiza a asociación cultural Saíñas. Será este sábado, día 8 de xuño, ás 18:00 horas.
Neste evento o grupo infantil Xoaniña, da asociación cultural Saíñas, estará acompañado polo grupo Mistura, de Lieiro (Cervo).
Os organizadores anuncian que “será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.
O parque deportivo e de ocio de Xove será inaugurado o día 9 de xuño, domingo. O acto empezará ás 10:30 horas e incluirá unha competición de pump track, da Copa Galicia deste deporte que organiza a Federación Galega de Ciclismo.
Ademais de circuíto para practicar pump track, o parque deportivo e ocio de Xove conta con pistas de skate, zona de calistenia, parking de autocaravanas e zona de recreo.
O Concello de Xove convoca a terceira edición do concurso fotográfico para conmemorar o Día do Mundial do Medio Ambiente co título “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”. O prazo de recepción dos traballos rematará o venres 24 de maio de 2024 ás 00.00 horas.
O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Xove co obxecto de, mediante a imaxe e a súa reflexión, incentivar a participación cidadá na protección do medio ambiente, anuncia as bases para a participación no III Concurso Fotográfico do Día Mundial do Medio Ambiente.
Explican que “coa posta en marcha deste concurso preténdese potenciar coñecemento do medio natural do noso concello. Para a consecución deste obxectivo buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, río, xardín, árbore, pena,…) do concello de Xove. Pode...
leer másA vixésimo sexta edición da Feira de Gando Cabalar de Lago, parroquia do concello de Xove, celebrarase este domingo, 19 de maio, a partir das 09:30 horas no recinto feiral. Foi presentada con un acto no que participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.
A feira está organizada pola Asociación Equina A Medela e desde as 11 da mañá haberá carreiras e outras probas. Ás 20:00 horas farase a entrega de premios e sortearase un xato.
Xove acolle un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Será o mércores 15 de maio ás 11:00 horas no salón de actos do Concello.
Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas os retos e oportunidades da Galicia do presente. Ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 216 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de Xove.
Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “Deconstruíndo consciencias”, que é o que se vai celebrar en Xove. Comeza cunha reflexión sobre a transcendencia da cultura, continuado cunha proxección do documental "Galicia Latente" e...
leer másXove celebrará a súa Festa das Flores o día 18 de maio, sábado, desde as 10:30 horas, cando se abrirá o mercado tradicional.
A partir das 11:30 horas haberá pasacalles coa Asociación Cultural Saíñas e a charanga NBA e demostración de oficios tradicionais. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne coan ofrenda floral á Virxe e ás 14:15, sesión vermú co grupo Rubí. Tamén haberá obradoiros de cerámica e de flores, para nenos e nenas, actuará Caxoto ás 18:00 horas e ás 22:00 horas empezará a verbena co grupo Rubí e Discomóbil Conxuro, para rematar cunha queimada popular.
A organización, que corre a cargo do Concello de Xove e da Asociación de Festejos Montevelle, anuncia: “o sábado 18 de maio celebramos a primavera en Xove coa Festa das Flores ou Fillas de María: Mercado tradicional, pasarrúas, obradoiros, contacontos,...
leer másPara conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a Luisa Villalta, a Delegación de Cultura do Concello de Xove convoca dous concursos, un literario e outro de artes plásticas, destinados a rapazas e rapaces do municipio de Xove, desde 4º de Infantil ata 4º da ESO.
Os obxectivos son apoiar o uso, a lectura e a expresión en lingua galega e estimular a creatividade dos/as máis xoves do municipio. Poderá participar no concurso calquera rapaz/a en idade escolar e empadroado/a no concello de Xove. O cartel do concurso, xunto ás bases e a ficha de inscrición poden consultarse na web do Concello de Xove: www.xove.es
Os traballos deberán presentarse xunto á folla de inscrición na Biblioteca Municipal de Xove antes do 10 de maio. O fallo do xurado darase a coñecer oportunamente para que as...
leer másO Concello de Xove, a través das delegacións municipais de Servizos Sociais e de Medio Ambiente, organiza unha quedada para recoller residuos impropios na zona costeira do municipio. Será este domingo, 21 de abril, de 11 a 15 horas.
A actividade comezará cunha charla impartida pola asociación A Mariña sen plástico, que será ás 11:00 horas.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove ou a través do teléfono 982.571.816. O prazo remata este sábado, 20 de abril.
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 6 e 7 de abril, con arranxo ao seguinte programa:
SÁBADO, 6 DE ABRIL:
-13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú co Dúo Belinda.
-15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
-17:00 horas.- Verbena con: Dúo Belinda e Grupo Fénix. Para esta verbena a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de pasodoble, 1 trofeo para mellor parella de bachata.
DOMINGO, 7 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo...
A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza un obradoiro titulado “Por unha espalda sana”. Está dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos de idade. Será o sábado 6 de abril ás 17:00 horas no Centro Cultural Agramonte (Casa do Director).
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na OMIX de Xove ou chamando ao teléfono 982.57.18.16.